Se no verán pasado se rodaron preto dunha vintena de producións audiovisuais (entre longametraxes, documentais e curtametraxes), nesta ocasión o panorama é ben diferente. Nestes momentos estase a rodar en Galicia dous traballos: un deles en Gondomar e será o primeiro “western” galego. Chámase Naipe de sangue, está dirixido por José Ballesta e Miguel Anxo Fernández e protagonizado por Eladio Santos e Silvia Superestar. O outro tÃtulo é As imaxes perdidas, a outra mirada, a última longametraxe de Juan Pinzás que se está a rodar en Vigo, Baiona e Santiago. Nesta ocasión, Pinzás conta coa participación de Paul Naschy e Javier Gurrachaga.