Betanzos fará da súa semana de cine, a semana da crítica

Critica que algo queda

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Do 23 ó 25 de xullo Betanzos terá a súa habitual Semana de cine. E no sentido máis literal da palabra porque acolle unha nova edición dun evento que encherá de celuloide a aula municipal de cultura. Lonxe da espectacularidade doutros eventos do xénero, nesta xuntanza preténdese abordar unha visión máis práctica, de traballo e menos de exhibición. Durante tres días críticos como Manuel Hidalgo, Casimiro Torreiro e Vicente Molina Foix ofrecerán o seu punto de vista dentro do primeiro curso de cine en Galicia. A semana de cine está organizada pola Universidade e o Concello de Betanzos e completarase coa proxección de filmescomo “Más dura será la caída” e “Las bellas durmientes”.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Xénero, Concello de Betanzos

Claves

Conceptos
Lugares