As XXI Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, que se celebrarán entre os dÃas 1 e 18 de outubro, adiantan os primeiros contidos do seu programa. Polo momento, a organización confirma a presenza de Miguel Brieva e de Juanjo Sáenz coma convidados, que contarán asimesmo con cadansúa exposición. Tamén David RubÃn, o Fanzine Enfermo e mais o Certame de Cómic e Ilustración Injuve contarán con mostras. O programa complétase polo momento coas exposicións Viñetas descubertas e Miña terra galega que se puideron ver no posto galego no último Saló del Cómic de Barcelona.