Xornada completa na Real Academia Galega (RAG) este sábado. Xa se coñece o homenaxeado para o DÃa das Letras Galegas do ano que vén: Antón Avilés de Taramancos. E houbo renovación nas cadeiras: o poeta lugués Manuel MarÃa substitúe a Marino Dónega e VÃctor F. Freixanes é o único candidato para cubrir o posto de Carlos Casares.
A RAG tomou a decisión este sábado tras dúas horas de deliberacións. HabÃa varios candidatos: o cura de FruÃme, Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro, XaquÃn Lourenzo, Xosé MarÃa DÃaz Castro ou a Escola Diocesana de Mondoñedo. Cara finais da semana pasada, as quinielas facÃan entrever que a elección estarÃa entre Florencio Delgado Gurriarán e Antón Avilés de Taramancos.
E foi escollido Avilés. O presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro, destacou o traballo de Avilés de Taramancos polo idioma e a decisión da Academia de dar entrada á Xeración dos 50 no panel dos homenaxeados no DÃa das Letras Galegas. Ó mesmo tempo, mantÃvose a norma non escrita da Academia de deixar transcorrrer dez anos dende a morte do homenaxeado. E Avilés viña de cumprir o requisito: acababa de cumprir dez anos dende a morte do poeta na Coruña en 1992.
Antón Avilés de Taramancos
Antón Avilés de Taramancos, seudónimo literario de Antón Avilés Vinagre, naceu na aldea de Taramancos (Noia), no seo dunha familia labrega, en 1936. Foi un dos renovadores da poesÃa galega, pertencente á xeración dos 50, e nos últimos anos, concelleiro da esquerda nacionalista en Noia.
A vida de Avilés de Taramancos pasa pola experiencia da emigración e a da creación poética. Foi mentres estudiaba Náutica na Coruña cando descubriu “que o meu amor ó mar era máis ben distante, de velo pero non de sufrilo, era un amor de paisaxe pero non de vivencia total. Eu xa tiña decidido ser unicamente poeta”. No ano 60, Avilés decide exiliarse en Colombia e alà desempeña toda unha serie de actividades que aniñan entre a lenda persoal e a realidade: comerciante, domador de cabalos, contrabandista, cazador de tigres, traficante de cabezas reducidas..., aÃnda que el mesmo dicÃa que “son as pequenas anécdotas dunha vida moito máis complexa e tamén máis normal”.
Fundamentalmente poeta
Os poemas de Avilés de Taramancos, para Salvador GarcÃa-Bodaño, “idealizan e fabulan o seu inmediato mundo campesiño cunha riqueza de expresión e unha dimensión creadora pouco comúns”. O homenaxeado comeza a publicar poesÃa en 1955 con “As moradas do vento”, seguindo máis tarde con obras como “A frauta i o garamelo” ou “O tempo no espello”, ó que lle seguiron “Cantos caucanos”, “Leiladoura”. Como incursión no xénero do relato publicou “Nova crónica de Indias” (1989).
Novos nomeamentos
A Real Academia Galega aproveitou a sesión do sábado para cubrir vacantes: os membros da Academia escolleron ó poeta lugués Manuel MarÃa, en primeira votación, para encher a cadeira deixada por Marino Dónega. Segundo manifestou a El Correo Gallego: “O que pasa é que realmente non tiña ilusión; pensaba que non me nomearÃan. A ilusión total que colmaba as miñas aspiracións era a publicación da miña obra completa", algo que a editorial Laiovento está a afrontar nestes momentos. Manuel MarÃa, quen foi moi crÃtico noutras ocasións coas decisións da Real Academia Galega, manifestou que "algo está mudando" na RAG e que as súas crÃticas dirixÃronse non "contra a Academia, senón contra os académicos que a transformaron nun couto pechado e totalmente ausente da realidade".
Por outra banda, VÃctor Fernández Freixanes foi designado como único candidato para a substitución de Carlos Casares, co cal a súa elección semella segura. Freixanes é o primeiro xornalista que entra na Academia, co cal parece apuntarse o interese da institución por diversificar a composición dos seus membros, e que xa se plasmou coa entrada do cientÃfico Francisco DÃaz-Fierros. Freixanes declarou a La Voz de Galicia que era unha “honra” entrar na Real Academia e indicou cales poden ser as liñas do seu traballo na institución da rúa Tabernas: “un foro de encontro que reflicte a pluralidade dunha sociedade moderna”.