O COAG repasa nunha publicación as súas actuacións no ámbito da cultura

Espazos de cultura recolle as actividades da institución de xeito cronolóxico

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Espazos de cultura é o título da publicación que resume a actividade cultural do Colexio Arquitectos de Galicia nos trinta e cinco anos da súa existencia. Celestino Braña, presidente do colexio, explica que “o verdadeiramente importante é que desenvolvemos un labor continuado e ininterrompido no eido cultural”. Congresos de carácter internacional, premios de arquitectura, mesas redondas, conferencias, publicacións e o programa educativo Proxecto Terra son algunhas das actividades que a entidade desenvolveu. Todas elas aparecen recollidas nunha publicación que naceu como resposta á medalla de honra que a Real Academia Galega lle deu ao COAG no 2008. O libro editouse en colaboración con outra entidade (neste caso o Parlamento), unha vía á que recurrirá o COAG ao descender os seus fondos por mor da crise, que supuxo un descenso do 80% nos visados que concede.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Espazos de cultura

Espazos de cultura

Repasamos con Celestino García Braña a actividade cultural do Colexio de Arquitectos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con COAG, Arquitectura, Real Academia Galega

Claves

Conceptos