Logotipos, identidade corporativa, creacións…estamos rodeados de deseño por todas as partes. Unha mostra de toda esa tarefa creativa pódese ver este verán en Pontevedra, no Pazo da Cultura. É o proxecto Diálogos, co que a Asociación Galega de Deseñadores pretende achegar os seu traballo á sociedade.
Durante todo este verán, o Pazo da Cultura de Pontevedra é o epicentro do deseño galego grazas a tres exposicións de diferente formato que conforman o Proxecto Diálogos. Dúas delas xa son coñecidas para o público porque, por separado, estiveron noutras localidades. Pepe Barro, membro da Asociación Galega de Deseñadores, explica que é “un lugar de encontro dos propios deseñadores galegos, os profesionais que se están a recoñecer aÃnda nun colectivo incipiente e en proceso de formación; pero tamén é un diálogo coa sociedade e con todos aqueles visitantes, nos que se amosan desde o lado máis lúdico ata o máis profesional”. En todo caso, para Barro debe quedar ben claro que é unha profesión que depende da sociedade, que está moi enraizada nela.
O proxecto expositivo
O proxecto diálogo está formado por tres exposicións adaptadas as diferentes salas do Pazo da Cultura, asà como unha especie de showroom, no que os novos creadores dan a coñecer os seus proxectos. A esta última iniciativa chámaselle Pecha Kucha Night, e é un formato importado do Xapón que permite aos novos creadores presentar todos os proxectos que queiran pero en 20 segundos. A iniciativa celébrase na sala Karma na noite do 10 de xullo. “Será unha proposta que se desenvolve por primeira vez en Galicia” explica Barro. O prazo de presentación de proxectos xa está rematado e neste momento está a proceder a edición do material que se vai exhibir.
Completan este proxecto expositivo dúas mostras que xa foron inauguradas noutro momento que agora viaxan ata Pontevedra son: O ollo na rúa e En torno da Barkerville. A primeira parte é segundo explica Pepe Barro, “unha compilación audiovisual na que se recolle o resultado das experiencia de 35 alumnos que acudiron a un obradoiro plantexado pola nosa asociación. Un curso no que os profesores arxentinos Enrique Longhinoti e Hernán Ordoñez, que plantexaron un diálogo coas rúas de Compostela”. Esta memoria audiovisual de catro dÃas de clase pretende incidir na relación que ten o deseño gráfico coa cidade. A outra mostra, En torno da Baskerville é unha exposición que se montou no CGAC e que “na que a deseñadora Uqui Permuy propón a diferentes deseñadores da exposición, unha intervención sobre un libro concreto”. O libro en cuestión é A imprenta en Galicia, século XIX, que é unha especie de catálogo de toda esa década, e foi o punto de partida de 31 persoas que achegaron a súa visión sobre el, converténdoo mesmo noutro material. Barro explica o tÃtulo desta mostra, xa que “Baskerville é o tipo de letra na que está impresa este libro”.
A terceira mostra abandona o aspecto lúdico e dedÃcase exclusivamente ao profesional. É a que ocupa un maior espazo das tres e nas que se “recollen corenta proxectos de identidade corporativa, nos que se exhiben varias fotografÃas que recollen as diferentes aplicacións que se fixeron de cada unha das pezas. Hai unha visión tanto da peza protagonista, como das diferentes aplicaciónsÂ…cada proxecto ten o seu propio desenvolvemento”.
Actividades futuras
Malia que a asociación naceu no 2006, non foi ata este ano cando a entidade se dedicou a facer actividades de tipo expositivo. “Chegamos a un momento, no que debÃamos expor o noso traballo á sociedade dun xeito consciente, ademais este é o ano no que a asociación se sinte con máis forza” explica o deseñador Pepe Barro, que explica que aÃnda queda moito traballo por facer. Na súa opinión, o ideal serÃa que cada ano se puideran reproducir iniciativas deste tipo. “Con esta exposición pódese ter unha visión panorámica do que se fixo en Galicia nos últimos dez anos” matiza. Unha década na que a creación foi moi diversa e na que queda moito traballo por facer. “GustarÃanos poder facer unha mostra de traballos realizados por deseñadores industriais, pero non é doado de organizar un proxecto expositivo deste tipo e está enriba da mesa para desenvolver o vindeiro ano”, apunta. Para o futuro tamén están as actividades de formación que a Asociación Galega de Deseñadores pretende organizar co obxectivo de enriquecer a creación do paÃs.
Cartaz da exposición.Durante todo este verán, o Pazo da Cultura de Pontevedra é o epicentro do deseño galego grazas a tres exposicións de diferente formato que conforman o Proxecto Diálogos. Dúas delas xa son coñecidas para o público porque, por separado, estiveron noutras localidades. Pepe Barro, membro da Asociación Galega de Deseñadores, explica que é “un lugar de encontro dos propios deseñadores galegos, os profesionais que se están a recoñecer aÃnda nun colectivo incipiente e en proceso de formación; pero tamén é un diálogo coa sociedade e con todos aqueles visitantes, nos que se amosan desde o lado máis lúdico ata o máis profesional”. En todo caso, para Barro debe quedar ben claro que é unha profesión que depende da sociedade, que está moi enraizada nela.