Concertos e conferencias achegan o contrabaixo ao público compostelán

O festival desenvólvese do 1 ao 8 de xullo

30/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Para moitos, o contrabaixo leva o nome de Ludwig Streicher, o vienés que tocou este instrumento como ninguén. Na súa memoria, a Escola de Altos Estudos Musicais organiza desde hai oito anos un programa lectivo para os seus alumnos que, en cada edición, gaña máis proxección pública. Chámase Festival Ludwig Streicher e desenvólvese do 1 ao 8 de xullo en Santiago. Ademais das clases, esta edición contará con tres concertos abertos e dous recitais abertos ao público, así como unha serie de conferencias e master-class.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves