Francesc Muñoz analiza a identidade no proceso de construción urbana

A conferencia terá lugar esta tarde no Consello da Cultura Galega

30/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Cada día que pasa é máis complicado atopar trazos de identidade propia das cidades. Isto é o que defende Francesc Muñoz no seu relatorio Urbanalización: paisaxes in vitro, paisaxes en folga que pronunciará esta tarde no Consello da Cultura Galega (17:00 horas), no marco das xornadas Arte+Espazo Público. Para Muñoz, doutor en Xeografía e asesor do Consello de Europa en materia de urbanismo, paisaxe e planificación urbana, hoxe en día pódese falar de “urbanalización”, ao construirse paisaxes desancoradas do territorio no que se insiren.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Identidade, Consello da Cultura Galega, Xeografía...