A representación en castelán de "Os vellos non deben de namorarse" provoca polémica na cultura

Uns vellos polémicos

21/6/2002 | Santiago.Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A chegada da versión en castelán de "Os vellos non deben de namorarse" a Pontevedra hoxe e a Compostela os vindeiros días 28 e 29 de xuño está a desatar unha forte polémica. Desde a Mesa pola Normalización Lingüística ameazan con mobilizarse e consideran "inadmisible" representar a Castelao en español en Galicia. Pola súa banda Manuel Guede, director do Centro Dramático Galego e da montaxe, destacou a importancia de que o Centro Dramático Nacional se interesase por montar esta obra.


Máis información na web da Mesa pola Normalización e en "O Correo Galego"

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Guede, Castelao, Normalización Lingüística, Mesa pola Normalización Lingüística...