O Festival Mozart estrea unha versión galega do Esquío esperto

O reparto conta con voces galegas en case a súa totalidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Hai cincuenta anos Nino Rota, coñecido por ser o compositor da banda sonora do Padriño, compuxo unha ópera baseada nun conto de Eduardo de Filippo. Unha composición e libreto que os organizadores do Festival Mozart quixeron traer á Coruña no marco do seu ciclo “Öpera en Familia”. Joám Trilho foi o encargado de facer a adaptación para esta produción propia que ten un reparto de voces galegas case na súa totalidade. O papel do esquío é para a soprano Paloma Silva, que chega de acaba de participar na ópera Werther. Nesta montaxe participan a Orquestra Sinfónica de Galicia e o seu coro. Alfonso Romero Mora, vencellado ao Staatstheater de Darmstadt, é o director de escena.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mozart, Festival Mozart, Ópera, Orquestra Sinfónica de Galicia...