Un proxecto pretende crear unha rede de distribución de contidos a través de Internet

Un circuíto de distribución permitiralle aos concellos emitir filmes ao mesmo tempo

Proxectar a mesma película en varias localidades ao mesmo tempo ou a realización de videoconferencias son os obxectivos que persegue Cinemadix, un proxecto que promove a escola de produción audiovisual O raio verde. O proxecto, que pretende crear un novo circuíto de distribución a través de Internet, está en fase de busca de socios financeiros para o seu desenvolvemento.