Hoxe é un dÃa clave para a escena galega. Pero non porque se cree unha nova compañÃa, un novo colectivo ou se estree un espectáculo. É o dÃa no que Roberto Varela, o conselleiro de Cultura, se reune cos representantes de varios colectivos das artes escénicas para desbloquear a situación que denuncia o sector: paralización nas subvencións, falta de ratificación das funcións da Rede Galega de Teatros e Auditorios... Dámosche as claves para entender o que alà se falará.
Vaia por diante que cando esta tarde (18:00 horas) se senten a negociar os representantes da Administración cos dos diferentes colectivos das artes escénicas, o primeiro punto da súas reivindicacións xa está resolto. É aquel que facÃa referencia ao pagamento das funcións xa realizadas polas compañÃas do paÃs, que a Administración lles adebedaba desde o 1 de marzo e que cuantificaban nun millón de euros. Ernesto Chao, presidente do colectivo Escena Galega explicaba que “un dÃa despois de que fixeramos público o manifesto coas nosas reivindicacións, desde a consellarÃa de Cultura comezaron a tramitarse os pagamentos e dous dÃas despois moitos deles xa estaban ingresados nas contas bancarias”. Pero iso non suaviza o punto de partida da xuntanza prevista para hoxe, xa que estamos a falar a polÃtica cultural das artes escénicas.
As demandas
Foi o martes 16 cando os representantes de colectivos e asociacións relacionados coas artes escénicas do paÃs convocaron unha rolda de prensa do Consello da Cultura Galega. AlÃ, e arroupados por máis dun centenar de profesionais do sector, denunciaron a “gravÃsima situación de parálise total nas polÃticas” que lles afectaban. E foron moi concretos nas súas reivindicacións que enumeraron en cinco puntos. Ademais do pagamento das facturas atrasadas, destaca a resolución das subvencións ás Industrias Culturais (convocadas no DOG do 28 de xaneiro de 2009), a ratificación da programación para o segundo semestre de 2009, a organización da posta en marcha da Feira das Artes Escénicas de Galicia (do 19 ao 23 de outubro de 2009) e a resolución das axudas para a programación dos distintos festivais das Artes Escénicas. E puñan unha data moi próxima no horizonte: o 30 de xuño para resolver as subvencións. Naquela rolda de prensa, tanto Ernesto Chao como Vicente Montoto, representantes dos colectivos máis numerosos como a Asociación de Actores e Actrices de Galicia como o de Escena Galega, expuxeron de que continuar nesta liña estariamos diante dun “negro panorama de paro”.
O contexto
No trasfondo desta reivindicación hai dúas liñas moi claras. Dunha banda, a repercusión pública que ten o sector das artes escénicas na configuración da oferta de lecer do paÃs. Naquela rolda de prensa, os responsables de numerosas mostras teatrais do paÃs (desde a de Cangas, que está a piques de comezar, como a de Ribadavia, que neste ano cumpre 25 anos e pretendÃa contar cun ambicioso programa), advertiron do risco de desaparecer ou invisibilizar espectáculos que reune a máis de tres mil espectadores e que conforman boa parte da axenda cultural do verán. Ademais, a menor oferta, menor consumo, co risco que suporá para os indicadores culturais. As últimas cifras ao respecto (do ano 2006) establecen que oito de cada dez galegos asiste unha vez ao ano a algunha actividade ou espectáculo cultural. Asà se desprende do informe Ocio e hábitos culturais dos galegos que fixo público o Observatorio da Cultura que mantén o Consello da Cultura Galega en marzo deste ano. Neste sentido, Roberto Pascual, que asiste esta tarde á xuntanza como representante dos festivais asegura que “desa xuntanza temos que saÃr co compromiso de que se van conceder as subvencións necesarias para poder desenvolver as programacións”.
Ademais, ante a incertidume do que vai acontecer coas subvencións, as compañÃas teatrais teñen parados os seus espectáculos, o que implica que é posible que en setembro (época de inicio da temporada teatral) non haxa na que estrear. De ser asÃ, tampouco poderá haber Feira Galega das Artes Escénicas, mostra organizada por Agadic á que asisten programadores de todas parte do Estado e que resulta fundamental para a exportación dos espectáculos galegos. De feito, no último encontro encargáronse 143 funcións en 26 cidades de España e Portugal, o que supuxo un 81% máis que na edición de 2007. Unha tendencia moi positiva no marco xeral nas exportacións culturais galegas que, segundo o Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega, descenderon nese ano.
A outra liña de consecuencias apunta directamente ao que Xesús Ron, responsable da Nasa e interlocutor das Salas Independentes esta tarde diante do conselleiro de Cultura, advertiu a semana pasada: “está a afectar á supervivencia das PEMES que son a base do tecido cultural galego”. Nese sentido, cómpre lembrar que a explotación do Observatorio da Cultura da Enquisa de Poboación Activa do INE revela que o emprego cultural medrou un 11,6% en Galicia durante 2008. Un incremento que supuxo 2.700 empregos novos que sitúa a cultura no 2,2% da poboación activa no noso paÃs. En todo caso, o propio texto de convocatoria das axudas da Agadic, xa desvela o interese por establecer una polÃtica que preste unha “especial atención ao apoio e ao crecemento e consolidación das empresas de artes escénicas e musicais e á constitución dun mercado amplo e dinámico”. Tamén se apunta o esforzo orzamentario en materia de “polÃticas de apoio ás industrias culturais no sector escénico e musical, cun incremento nas dotacións das axudas á actividade escénica do 18%, pasando de 1.240.000 euros no 2008 a 1.450.000 euros no 2009”.
Outras liñas de traballo
Hai que ter en conta que, alén das medidas concretas que solicita o sector, existe un Plan Galego das Artes Escénicas que está en vigor. Un documento que establece o horizonte de traballo e as medidas concretas que o Executivo debe seguir e que foi consensuado con todos os axentes. Canda isto, algo no que os profesionais non se meten é o que afecta á Axencia Galega das Industrias Culturais. Desde a falta dun director, ata a situación das súas unidades de produción (desde o Centro Dramático Galego, que presenta hoxe o último espectáculo da actual compañÃa, ata o Centro Coreográfico Galego). “Non é o noso traballo pedirlles que nomeen un director de Agadic, nin preguntar pola situación concreta do Centro Dramático nin o Centro Coreográfico pero é evidente que é necesario e moi importante que se vaian resolvendo” apuntaba Ernesto Chao.
O que está claro é que a situación máis inmediata da profesión, a axenda cultural e o futuro dunha parte da cultura do paÃs está pendente do que se fale hoxe ás 18:00 horas en San Caetano.