O Plenario do Consello da Cultura que se reuniu onte marcou os obxectivos da institución para os próximos catro anos. Entre estes, destaca a consolidación do traballo de apertura á sociedade e o comezo de novas liñas de actuación. Dentro do balance dos últimos catro anos de actividade, o Plenario salientou a creación de novas comisións técnicas e a da sección de Ciencia TecnoloxÃa e Sociedade. Tamén se destacou a introducción do Consello en Internet mediante a transmisión pola rede de xornadas, a creación da súa páxina web corporativa, do Museo Castelao e do portal culturagalega.org.
Obxectivos
A busca dunha maior integración do Consello coa sociedade será un dos obxectivos primordiais do próximo cuatrienio. Esta integración potenciarase mediante a atención a áreas culturais ata o de agora pouco atendidas, como a creación lieraria, a edición, a lectura ou un maior contacto cos técnicos de cultura dos concellos. Tamén se completará a creación de bases de datos de apoio ós investigadores e realizarase unha maior difusión dos traballos que se realicen no seo da institución. Pola súa banda, a liña de publicacións do Consello actualizará o seu deseño e diversificarase en varias coleccións.
Observatorio cultural e congresos
Preténdese que o Consello exerza nos próximos catro anos a función de observatorio sobre a realidade cultural. AsÃ, varios equipos de expertos que elaborarán un Anuario da Cultura Galega, que se presentará no Parlamento de Galicia.
Entre os congresos que están previstos para o ano que vén destacan un sobre o Exilio, outro sobre Curros EnrÃquez e o seu tempo, un encontro sobre o Conde de Gondomar e un último sobre Frei Rosendo Salvado. Os congresos organizados este ano achegaron ó Consello a máis de 2000 persoas.
Novas tecnoloxÃas e internet
Outro dos puntos que foron tradados no Plenario foi a consolidación das iniciativas do Consello na rede. Asà crearase unha edición internacional do portal culturagalega.org, e a páxina corporativa do Consello incluirá contidos especÃficos para investigadores, como bases de datos históricas, de comunicación ou da emigración con consulta pola rede.