Non son un colectivo, nin unha editorial, pero contan non algúns dos máis destacados ilustradores e autores de BD de Galicia. O Estudio Baobab, nado hai xa sete anos na Coruña, é un punto de referencia para a a creación gráfica no paÃs e unha mostra galega da tendencia social coñecida internacionalmente coma coworking.
Todo comezou como un xeito de aforrar custos. Varios debuxantes residentes na Coruña, necesitados de ter un espazo tranquilo e amplo para traballar, alugaron un piso entre todos. Javi Montes, Marcos Calo e Fernando Llorente, que coincidiran no estudio de animación Bren, e mais Santy Gutiérrez iniciaban en outubro 2002 a súa convivencia profesional. “Varios de nós pensamos que mellor que traballar na casa, cada un só e abandonado, era buscar un espazo común, que nos permitÃa tamén compartir gastos, coma o alugueiro ou a conexión a Internet”, explica Montes. E é que o de ilustrador considérase habitualmente un oficio solitario e duro que se realiza no propio fogar. “Algúns de nós xa tivera experiencias non moi satisfactorias co de facer o traballo na propia casa”, lembra este autor.
Espazo e membros
Un piso cun cuarto para cada un e unha sala común que permitise tamén concentar os computadores era todo o que buscaban, e non tardaron moito en atopalo. “Basicamente o tema é compartir espazo. Non se trata dun proxecto creativo nin empresarial común, cada un fai os seus traballos, aÃnda que en ocasións nos cadren proxectos xuntos”, explica Montes. Cos anos, Marcos Calo foi traballar a Madrid, entrou e marchou tamén Dani Montero e se incorporou Javier Fernández Pintureiro. Na actualidade, logo do retorno de Montero e de Calo (os membros do estudio teñen dereito preferente para recuperar o seu espazo aÃnda que marchen) e coa incorporación de Patricia Castelao, o nome de Baobab abrangue sete autores que se dedican á ilustración, ao humor gráfico ou á banda deseñada.
Coworking
A proposta é un exemplo da tendencia social que nos últimos anos está a se denominar “coworking”. Segundo a Wikipedia, consiste na “unión dun grupo de persoas que continúan traballando independentes unhas das outras, mais comparten valores e buscan a sinerxia que acontece cando persoas talentosas dividen o mesmo espaxo, xerando um fluxo de troca de ideas e experiencias”. De feito iso é o que acontece exactamente no Baobab, xa que a convivencia acaba xerando, inevitablemente, un fluxo de coñecementos técnicos, crÃticas artÃsticas e apoio mutuo a todos os participantes. “Non hai moito intercambio directo de recursos, aÃnda que si se comparten mesas de luz e ordenadores, sobre todo cando hai que traballar en varios a un tempo. O que se dá sobre todo é un fluxo de coñecementos”, recoñece Montes, “nótase a dinámica da enerxÃa de estar xuntos no estudio, mesmo aÃnda que non coincidimos moito en horarios. Eu por exemplo son máis de traballar pola tarde e de noite, e outros son máis diurnos. Ademais, ao estar traballando xuntos, cada un ve as cousas que fan os outros, en qué traballos se meten ou como responden as encargas. Tamén hai clientes que pasan dun autor a outro, coméntanse os traballos e mesmo hai un certo pique creativo”. A un nivel máis técnico, a convivencia leva a experimentacións e á incorporación de novas técnicas ao traballo. “Hai un tempo Marcos e mais eu mercamos a un tempo unha tableta gráfica que tamén é monitor e estivemos traballando moito con ela. Santi e Fernán mercaron cadanseu Mac tamén ao tempo, e outros están a pensalo. Nese sentido, Marcos é o grande promotor de innovacións”, apunta Montes.
O nome
Ao non haber un proxecto conxunto, este grupo de debuxantes tampouco se enfrontaban á necesidade dunha marca común, ao xeito dos estudos de produción conxunta que non son raros no mundo da BD. No entanto, acabou nacendo a denominación de Baobab que agora identifica estes creadores. “Nós falabamos deste espazo unicamente coma o estudio, pero a xente preguntábanos como se chamaba. Entón en certo momento fixemos unhas probas para un proxecto francés de BD que tiña como tÃtulo de traballo Baobab, aÃnda que finalmente non saÃu e nin sequera conservaba xa o nome. Foi o primeiro proxecto no que estivemos varios dos membros do estudio, e pareceunos que era unha palabra internacional e facilmente trasladable a outros paÃses sen necesidade de traducir, abrÃa moitas posibilidades e quedou”, explica Montes.
A marca
Co tempo, o nome deviu case nunha marca. “Eu estaba a pensar en facer un blog propio, e entón decidÃn facer un conxunto para amosar os bosquexos e os proxectos que non daban saÃdo á luz. Aos poucos a xente foi tendo os seus blogs propios, asà que ao final fixen unha páxina que os liga todos e que ademais de debuxos inclúe tamén novas”. Isto influÃu en que “a xente comezou a tratar o estudio coma unha marca conxunta. Houbo editoras que se achegaban e lle facÃan directamente unha encarga para ilustrar libros de texto ao estudio, deixando nas nosas mans o reparto da tarefa entre os autores. Fixemos algún traballo asÃ, pero decantámonos porque sexa quen fai a encarga quen decida quen quere que faga cada cousa”, explica Montes.
Futuros
Malia a esa consolidación da idea de Baobab coma marca, non hai previsións de avanzar de cara a unha maior integración do traballo dos seus membros. “Nalgún momento pensamos en facer un portafolio común, ao ver que a promoción conxunta tira, pero non en traballar coma empresa. Xorden ideas para facer cousas en común entre varios dos membros, pero separadas do que é o estudio en si”. Polo momento, semella que traballo non lle falta a estes autores, con exemplos sobranceiros coma o traballo internacional de colorista que desenvolve Javi Montes, o éxito de Patricia Castelao coma ilustradora, as publicacións de humor gráfico de Santy Gutiérrez en diferentes medios, ou os traballos de ilustración e publicidade de Pintureiro ou Marcos Calo, entre outros. E é que, se non hai novidade, queda Baobab para un bo anaco.

Entre copa y copa . Fernan Llorente
Portada Dani Noir. Marcos Calo
Pintureiro
Mapachete. Dani Montero
Ilustración para la revista Personal Computer e Internet. Santy Gutiérrez
Cor de Javi Montes para a BD Trafalgar
Patricia Castelao
Patricia Castelao