Cristina Pato, La Nev Diva e Luis Batallán presentan novas produccións musicais

Discos novos

Novos discos galegos: Cristina Pato ataca de novo con "Xilento" o seu segundo disco en solitario; O grupo La Nev Diva de Ferrol tamén presenta a súa segunda producción; e logo de dez anos de silencio, Luis Batallán chega cun novo disco producido polo cantante español Joaquín Sabina.

Cristina Pato


Despois do éxito do seu primeiro disco, a gaiteira do cabelo de cores volta á carga con Xilento, un álbum que parte da mesma idea que o anterior: a fusión de sons. O título do disco está en barallete, a xerga dos afiadores de Nogueira de Ramuín, e significa "famento". A experimentación na gaita continúa mentres Cristina consolida a súa fama non só como gaiteira senón tamén como pianista.












La Nev Diva



Con menos éxito polo de agora que Cristina Pato o grupo ferrolán La Nev Diva saca o seu terceiro disco, un album de seis temas sen título no que continúan explorando as posibilidades das guitarras eléctricas pasadas polo computador para dar un son máis suave e moito máis traballado. Onda este disco, autoeditado, o grupo presenta un video musical. O día seis de abril actuarán no Ateneo de Ferrol e continuarán despois xira por Galicia.




Luis Batallán


Un veterán cantautor como é Luis Batallán regresa ó mundo dos discos cun novo álbum que contou coa producción de Joaquín Sabina. O disco, que aínda está en proceso de gravación recolle poemas musicados de Jaime Gil de Biedma, un tema de Sabina que os dous interpretan ó alimón. Batallán realizará unha presentación previa do seu novo album nos concertos que ofrecerá hoxe e mañá no pub Dado-Dadá de Compostela.