Os escritores Rosa Aneiros e Jacobo Fernández Serrano convertéronse nos gañadores da edición 2009 dos reputados premios Xerais. Jacobo Fernández Serrano gañou o Merlín de Literatura Infantil coa súa obra Mil cousas poden pasar e Rosa Aneiros protagonizou a sorpresa da xornada, obtendo dous dos galardóns, o de novela por Sol de inverno e por Ás de bolboreta o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil.
[nota de prensa da editorial]
Rosa Aneiros e Jacobo Fernández Serrano
PREMIOS XERAIS 2009
Redondela, sábado, 6 de xuño de 2009
Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 6 de xuño, ditamináronse a XXVIª edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros, a XXIVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros, e a IVª edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros.
Esta festa literaria consistiu nun acto literario-musical, celebrado no Edificio Multiusos da illa de San Simón, ao que seguiu unha cea ao aire libre nos xardíns da illa. Á velada asistiron máis de trescentas persoas, entre as que se atopaban Antón Louro, delegado do Goberno en Galicia; Francisco López Barxas, director xeral de Cultura da Consellaría de Cultura de Deporte; Xabier Méndez, director xerente da Fundación Illa de San Simón; Xurxo Patiño, presidente da Federación de Libreiros de Galicia; Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega; representantes do mundo da política e un importante número de escritores, editores, libreiros e colaboradores da editorial.
No acto, presentado por Celia Torres, coordinadora dos premios, participou o dúo de zanfonas Sobre rodas, formado por Luís Correa O Caruncho e Carlos do Viso, que interpretaron os temas: Alalá de Muxía, Foliada de Baiona, O home do sombreiro e As matas.
Agustín Fernández Paz actuou como Mantedor Literaria do acto lendo o dicurso Oito doas para San Simón: A nosa forma de participar na cultura da humanidade é desenvolvendo a cultura galega.
Deseguido, o escritor Agustín Fernández Paz, como mantedor literario do acto, leu o discurso titulado Oito doas para san Simón (agregáse como arquivo adxunto en word), no que fixo unha defensa do papel da creación literaria en lingua galega como forma de participar na cultura da humanidade. Nesta liña rematou a súa intervención con estas palabras:
Estamos afeitos a traballar en situacións adversas. Na historia da nosa literatura as liñas de resistencia activa veñen de lonxe. De Rosalía, rebelándose contra o feito de sentirse estranxeira na súa patria; de Curros, que denuncia a ameaza dos lobos e clama pola unión; de Cunqueiro pechado na súa bufarda de Mondoñedo a soñar as mil primaveras para a lingua estigmatizada; de Celso Emilio, falándolle como un irmau solidario a todos os desposuído do mundo... A nosa forma de participar na cultura da humanidade é desenvolvendo a cultura galega. Temos dentro de nós a materia que lle pode interesar a calquera persoa en calquera lugar do mundo, só precisamos plasmala a través do proceso de creación. Para conseguilo, cómpre chantar os pés na nosa realidade e, coas raíces na terra, abrirnos a todos os ventos culturais do mundo. Porque aquí están as fábricas da imaxinación das que fala Manuel Rivas, delas poden saír creacións que tamén se lean en toda a periferia mundial. Obras cargadas de vida, obras cunha luz tan forte que sexa imposible de agochar. Un dos trazos máis significativos da cultura galega, que tan ben souberon expresar os membros da Xeración Nós, é a súa vocación de ser célula de universalidade, a súa vontade de ser unha peza máis, en pé de igualdade, no mosaico mundial das culturas: a súa conciencia de que só se pode ser universal desde as propias raíces.
Mil cousas poden pasar de Jacobo Fernández Serrano
Premio Merlín de Literatura Infantil, 2009
O xurado da 24 ª edición do Premio Merlín de literatura infantil dotado con 10.000 euros formado por: Rosana Estévez Pereira (contacontos e membro de Espazo Lectura), Santiago Gutiérrez (ilustrador), Mercedes Pacheco (tradutora), Mª Xesús Pereiro (escritora infantil e profesora), Xan Guillén Vázquez (profesor e coordinador do Premio Literario Frei Martín Sarmiento) e Helena Pérez Fernández, secretaria do xurado, en representación de Xerais, con voz e sen voto, entre as vinte e catro obras participantes, declarou finalistas as presentadas baixo os lemas: «Papude», «Secundario» e «Septempunctata».
Despois da súa última deliberación, acordou por maioría declarar como gañadora a presentada baixo o lema Papude que, despois de aberta a plica, resultou ser de Jacobo Fernández Serrano e corresponde ao título Mil cousas poden pasar. Libro I.
Jacobo Fernández Serrano
Jacobo Fernández Serrano (Vigo 1971) é licenciado en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade Complutense. Ilustrador, pintor, debuxante e comiqueiro, como autor de literatura infantil publicou na colección Merlín de Xerais os libros A gardería de dona Bixelmina (2005) e A pedra e as formigas (2006). Iniciouse na ilustración de libros de literatura infantil en Xerais con As aventuras de Nunavut de Xoán Abeleira: O nacemento de Nunavut (2003), Un día de caza (2003), Sedna, a deusa do mar (2004) e O caribú namorado (2005); ao que seguriron outros traballos para diversas editoriais Tres contos marabillosos de Vicente Risco, Vacas na cidade de An Alfaya, O Home que plantaba árbores de Jean Giono, El televisor mágico de Braulio Llamero (Algar), ou a colección Pimpín por aquí non vin. Ademais de traballos de ilustración de libros de texto, dicionarios, guías de natureza, carteis ou ilustracións para televisión, etc. É, tamén, autor da serie de banda deseñada Os amigos de Archimboldo Roque, publicada na revista Golfiño (2000 a 2004) e recollida no volume homónimo publicado por Faktoría K (2008). Tras realizar este personaxe converteuse en colaborador da publicación periódica Dos Veces Breve, así como da segunda época da revista BD Banda, na que desenvolve a serie titulada Animais pantasma. Co álbum de cómic Aventuras de Cacauequi (2007), obtivo o premio Castelao da Deputación da Coruña de Banda Deseñada, e a nominación ao Premio Expocómic 2008 de Madrid e do Salón do Cómic de Barcelona, no apartado de autor español revelación, e Marcopola. La isla remera (2009) o inicio dunha serie de cómic para os primeiros lectores. Mantén abertos dous blogs, onde publica adianto das súas ilustracións e traballos:
http://jacobofernandezserrano.blogspot.com/ http://osamigosdearchimboldoroque.blogspot.com/
Mil cousas poden pasar. Libro I
Os membros do xurado do Premio Merlín xustificaron a súa decisión salientando que en Mil cousas poden pasar. Libro I, baixo a premisa da liberdade absoluta, o autor propón ao lector un xogo no que se nos decidimos a entrar a ceibar sen límites a imaxinación, calquera cousa pode xa acontecer. Coa escusa inicial da procura dun agasallo de aniversario para o submariño rei dos tritóns, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións a cal máis imaxinativa e disparatada nunha cidade onde todo é posible, onde o excepcional é o cotián, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese no lóxico. Para o xurado as personaxes coas que nos cruzamos nesta deliciosa lectura, e que nun principio semellarían ser so actores secundarios dunha trama nada lineal, acaban revelándose ao cabo nos absolutos protagonistas desta ben orquestada peza coral.
Estas personaxes son tan únicas coma as situacións que experimentan: os ríos teñen vida propia, hai dous namorados que viven a súa historia cunha beleza e sensibilidade nas antígonas da ñoñería, e atopamos un enterrador que para si quixera Tim Burton. Montada sobre unha intelixente estrutura, construída coma unha cadea de dominó, onde unha ficha derruba á seguinte, Mil cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e único, construíndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes) historias das personaxes que habitan a cidade de Nil, descubrimos un universo que trascende os límites desta novela e que non recorre a tópicos anteriores da literatura infantil.
E sobre esta estrutura, e con estas pezas, cóntasenos unha historia sobre as consecuencias das accións, por sutís que estas parezan, nunha sorte de teoría sen fin das ás de bolboreta; e de vocacións, de como todos, dun xeito ou doutro, acaban desempeñando a función para a que se sinten inclinados. O emprego dun narrador, tamén moi particular, é outro dos logros técnicos desta obra: a omniscencia dos narradores convencionais en terceira persoa, é substituída aquí por un interlocutor que fala co lector, que recoñece as súas deficencias coma contador de historias, e que fai lúcidas reflexións vitais de colleita propia que achegan moito á comprensión subxectiva do mundo que nos está a describir. E que ademais, de cando en vez, nos premia citando de forma recurrente a un felino trovador que ten unha rima para cada situación.
Quizais ese mixiño poeta sexa parente lonxano do gato evanescente que se lle aparecía á marabillosa Alicia ou quizais o río Inrique deixara o seu leito para levarlle auga corrente ao Castelo Ambulante que imaxinara Miyazaki e de seguro que Gulliver, cando deixa de visitar illas lonxanas e fai turismo de interior, ten unha casiña de verán na vila de Nil onde se sinte como na casa. Quizais a singular cidade de Nil, cae polos arredores de Mondoñedo, o Mondoñedo de Cunqueiro, onde se fraguaron outras tantas historias singulares.
Rematou sinalando o xurado do Premio Merlín 2009 que as razóns polas que foi premiada esta obra foron pola desbordande imaxinación da que fai gala o autor, polo novidoso do argumento, pola inédita e variada galería de personaxes, pola solidez do mundo que se constrúe ante nós con cada frase, polo orixinal da estutura, polo arriscado de levar o absurdo ao extremo, pola beleza plástica dalgunhas descricións e figuras narrativas e polo metafórico de moitas das pasaxes argumentais.
Jacobo Fernández Serrano declarou que recibir un premio coma este, coa impresionante lista de escritores que o levaron antes ca min, é unha honra e unha ledicia inmensa. A novela comeza cos fillos do rei do mar que caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai e aínda non teñen agasallo. Da procura dese agasallo desencadéanse as mil cousas do título da obra. Pois ben, coincidiu que hoxe 6 de xuño é o meu aniversario. Semella logo que esta noveliña da que son pai deu co agasallo ideal: O Merlín. Seica as veces as cousas na vida real cadran aínda mellor que na literatura.
Ás de bolboreta de Rosa Aneiros,
Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, 2009
O xurado da 4ª edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil dotado con 10.000 euros, formado por: Verónica Rego (en representación da Fundación Caixagalicia), Mónica Góñez (profesora e escritora), Pilar Ponte Patiño (profesora), Alba González Méndez (estudante de 4ª da ESO, IES Os Rosais de Vigo), Amanda Bouzada Novoa (estudante de 4º da ESO do IES Os Rosais de Vigo) e Xosé Manuel Moó Pedrosa, secretario do xurado, en representación de Xerais, con voz e sen voto, entre as dezanove obras participantes, declarou finalistas as presentadas baixo os lemas: «Ás de bolboreta», «Dragal» e «Quiromántico».
Despois da súa última deliberación, acordou por unanimidade declarar como gañadora a presentada baixo o lema Ás de bolboreta que, despois de aberta a plica, resultou ser de Rosa Aneiros Díaz e corresponde ao título Ás de bolboreta. O xurado aconsella á editorial a publicación da novela presentada baixo o lema Dragal.
Rosa Aneiros
Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación impresos e dixitais, entre eles culturagalega.org (sección Agardando as lagarteiras), Diario de Pontevedra, El Progreso, Galicia Hoxe, Diario de Ferrol (a través da axencia AGN), El País, Grial, Fadamorgana ou Casa da Gramática, ademais do programa Un día por diante da Radio Galega. En 1999 presentou a súa primeira novela, Eu de maior quero ser á que seguiron Corazóns amolecidos en salitre (2002), Resistencia (Xerais, 2003, oito edicións dende a súa publicación), O xardín da media lúa (Galaxia, 2004), o volume recompilatorio de artigos literarios Agardando as lagarteiras (culturagalega.org, 2003) e Veu visitarme o mar (Xerais, 2004). Ten publicados relatos nos volumes colectivos Narradoras (Xerais, 2000); Relatos (1999), Relatos gañadores do Pedrón de Ouro 1998-1999-2000 (2001) ), Seis ferroláns (2003), Alma de beiramar perdida (2003), Botella ao mar (2003) ou Narradio (Xerais, 2003). Conta no seu haber con recoñecementos como o Modesto Rodríguez Figueiredo (Pedrón de Ouro, 1998); o Manuel Lueiro Rey (1996); o Manuel Murguía (2001), o Carvalho Calero (2001), o Premio Arcebispo Juan de San Clemente (2003), o Premio Careón 2006 ou o Premio da Crítica Losada Diéguez (2005), ademais do Premio Caixanova Francisco Fernández del Riego en 2007 polo artigo xornalístico A última vaca. Ao pé do abismo (Xerais, 2007) recolle a súa obra xornalística.
Ás de bolboreta
A novela gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia 2009 desenvólvese no bar de Patricia, situado nunha encrucillada de rúas en Santiago de Compostela, o quilómetro cero onde conflúe cada un dos camiños que transitan os máis de quince personaxes. Nesta novela crúzanse historias humanas diferentes que, no seu conxunto, conforman unha radiografía da sociedade urbana actual: globalizada, interconectada e diversa.
Unha das historias é a de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que apenas pasa tempo co seu pai un ocupado home de negocios e que comparte varias horas do día no bar de Patricia co seu avó materno, con quen vai aprender a superar a morte da nai, a comprender a súa infancia e a recuperar o seu pai. Pola súa parte, Lola e Eusebio, un matrimonio de anciáns que viven sos, el enfermo e dependente, teñen que se enfrontar ás grandes decisións que esixen a vellez e a enfermidade: continuar vivindo na casa ou trasladarse á frialdade dunha residencia, ter que recorrer a descoñecidos para que os axuden, saber convivir coa presenza cada vez máis próxima da morte e convencerse de que hai soños que sempre pospuxeron pensando que aínda había tempo por diante para os cumprir.
Tamén está a historia de Iqbal, un mozo londiniense de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro en xullo de 2005 que condicionaron e marcaron a vida dos londinienses pertencentes á comunidade musulmá. E a de Aysel, unha kurda que manifesta de forma brutal a impotencia que sente pola total indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco; e a historia dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días, no bar de Patricia, unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén a historia de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e a da señora Filomena, e a de Ana, e a de Fiño
O xurado na xustificación da súa decisión sinalou que Ás de bolboreta de presenta unha estrutura non xerarquizada, dividada en breves capítulos onde calquera parte está conectada con todas as demais, un puzzle de pezas engarzado do mesmo xeito que se engarzan as vidas dos personaxes da novela. Tratando temas nada compracentes, como o terrorismo, a intolerancia, a soidade ou a violencia contra as mulleres, a novela flúe e conmove aos seus lectores e lectoras grazas á combinación de diálogos áxiles e frescos con pasaxes fondamente líricas. Mediante a conexión do cotián con outras historias que poden semellar máis afastadas conséguese unha intensidade narrativa reforzada polo acertado emprego dos rexistros que se van adecuando aos distintos personaxes que conforman a novela. Ás de bolboreta é tamén un conto triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista.
Rosa Aneiros declarou, no momento de recibir o premio Fundación Caixa Galicia, que esta é unha novela de historias e personaxes que se cruzan, xa que quixen expresar que hoxe todos estamos interconectados e o bater de ás dunha bolboreta pode provocar efectos inagardados noutro lado do mundo. Continuou Rosa Aneiros dicindo que procurou para todos os personaxes atopar unha saída para a súa soidade, ao tempo que amosar a presenza dunha violencia moi sutil nas súas vidas. Rematou a gañadora do premio Fundación Caixa Galicia 2009 recordando que hai dez anos publiquei a miña primeira obra, a novela xuvenil Eu de maior quero ser, neste tempo aprendín da miña participación en encontros de moitos clubs de lectura e de moitos contactos con lectores novos e novas que teñen unha enorme capacidade para rematar eles as historias; con Ás de bolboreta teño a esperanza que eles rematen estas historias, narradas dende a maior naturalidade, procurando a simpleza e a ausencia de calquera tipo de prexuízos.
Sol de Inverno de Rosa Aneiros, Premio Xerais de Novela 2009
O xurado da 26ª edición do Premio Xerais de Novela dotado con 25.000 euros e formado Ana Bande Bande (bibliotecaria), César Lorenzo Gil (xornalista), Paz Raña Lama (profesora), Sonia Díaz (xornalista), Bieito Legaspi (profesor e membro de Espazo Lectura) e Fran Alonso, secretario do xurado en representación de Xerais, con voz e sen voto, entre as corenta e cinco obras participantes, declarou finalistas as presentadas baixo os seguintes lemas: «A soidade dos leóns», «Dinara», «Limiar da conciencia» e «O retorno das aves».
Despois da súa última deliberación, acordou por maioría declarar como gañadora a presentada baixo o lema O retorno das aves, presentada baixo o pseudónimo Píllara que, despois de aberta a plica, resultou ser de Rosa Aneiros e corresponde ao título Sol de Inverno.
Sol de Inverno
Na novela gañadora do Premio Xerais 2009, desde a ventada e afastada aldea de Antes, unha voz narrativa en segunda persoa vai reconstruíndo unha vida e a dunha familia cun intenso pouso de lirismo que atravesa todo o relato. O xurado no texto de xustificación da súa decisión sinalou que esta é unha longa novela que emociona, unha novela comprometida, densa, que se arrisca cun tema xa tratado e que sae indemne para debuxar o periplo vital dunha fascinante personaxe que, desde os trece anos que ten ao comezo, se move baixo o motor da paixón: Inverno. Inverno, que é a protagonista, habita, empuxada polos designios da historia, diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes nada máis que trinta lumes a comezos de 1936 a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias do exilio en Francia, ao emblemático Ipanema que viaxa con destino a México; ao longo exilio cubano onde nos atopamos coa emigración e cos descendentes dos cimarróns; á revolución castrista; e mesmo á viaxe a un París marcado polos estudantes do maio do 68. Sen dúbida, a narración responde ao pulso da historia, pero tamén á rebeldía dos seus personaxes na defensa dos ideais e da xustiza.
A novela, de profunda instrospección nos protagonistas e no deseño dos ambientes, constrúe un mundo simbólico, máxico, riquísimo en referentes, a través do que pululan seres entrañables, que nos conmoven, e tamén persoas reais, como Castelao, Carmen Muñoz ou Rafael Dieste. Deste xeito, apaña o fío da tradición literaria galega este longo relato de pulso vagoroso, meditado, que reborda nun río de historias que nunca nos deixan indiferentes. A memoria do exilio, as súas voces e as súas feridas, que Inverno ten que lamber unha e outra vez coma un pesadelo, é a que vai erguendo as sólidas paredes desta novela que, de seguro, engaiolará desde a primeira páxina, desde a dedicatoria inicial a Silvia Mistral.
Rosa Aneiros declarou, cando recibiu o premio Xerais, que nesta novela quería contar a historia dunha nena, Inverno, a que lle roubaron a infancia, ese paraíso de Antes, e como ao longo de toda a súa vida pelexa por retronar e recuperar ese paraíso. Inverno tenta sempre regresar, especialmente cando vive en Cuba en contacto coa comunidade de emigrantes galegos, aí nese treito da narración, quixen recuperar a memoria da miña propia infancia. Rematou Rosa Aneiros salientando que Inverno é un personaxe completo que loita polos seus ideais, mais tamén polos ideais de outros, que sinte tan preto como os propios.
Intervención de Manuel Bragado
Pechou o acto Manuel Bragado, director da editorial, que anunciou algúns dos novos proxectos da editorial entre os que destacou a apertura da Biblioteca Dixital Xerais, onde se recollerán contidos electrónicos educativos e os primeiros e-books da editorial. Por último agradeceu a axuda proporcionada pola Fundación Illa de San Simón, a Consellaría de Cultura, o Concello de Redondela, a Fundación Caixa Galicia e Ámbito Cultural El Corte Inglés, entidades que apoiaron a celebración destes premios.