Lamazares rende unha homenaxe ao fogar na exposición da galería SCQ

A exposición estará aberta ata o 22 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

A paisaxe galega volver ser o punto de partida de Antón Lamazares (Lalín, 1954) para reflexionar sobre o concepto do fogar. Na exposición que abre hoxe as súas portas na Galería SCQ, Domus Omnia achégase á casa. Perfiladas, sinuosas, flotantes as construcións danlle pé ao artista a expresar sentimentos e costumes sen perder o seu universo artístico. Cores verdes, emprego de materiais humildes que o achegan ao oficio de artesán e paisaxes influídos no contorno galego destacan na exposición que estará aberta na galería santiaguesa ata o 22 de xullo.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Paisaxe, Antón Lamazares, Domus...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares