
Estamos en crise e non é o momento de facer grandes proxectos, senón todo o contrario, repensar o modelo adecuado ás novas circunstancias. O que non implica que haxa que pechar os museos ou os diferentes centros de arte do paÃs, senón planificar uns proxectos austeros sen rebaixar a calidade e darlle unha importancia que antes non tiñan. E as institucións que se dedican a estes menesteres aprenderon pronto (e rápido) a lección e comezaron a ollar cara dentro. ¿O resultado? Exposicións como A mancha humana, Puntos de luz, Miradas, Pequena historia da fotografÃa, Do neoclasicismo ao Naturalismo na Arte GalegaÂ…. Que comparten un denominador común: parten das coleccións propias que ten cada institución.
As coleccións
Non é nova a presenza de obras da colección no deseño expositivo da programación anual dos diferentes centros de arte. Pero o que o converte en diferente este ano, é que esas exposicións son os puntos fortes do calendario. E isto é, precisamente, o que aconteceu este ano. Por poñer un exemplo, a Fundación Caixa Galicia organizou o ciclo “Miradas”, como un dos grandes acontecementos da temporada. Estreouse con “Desde o informalismo ao multicolor” onde o comisario Alfonso de La Torre percorre os principais autores e movementos artÃsticos españois e portugueses da segunda metade do século XX. Detrás dela outras tres exposicións servirán para exhibir os fondos do que é unha das coleccións privadas máis importantes do Estado. Non se trata tanto de sacar os fondos ás diferentes salas, senón de pedirlle a reputados comisarios que reflexionen e establezan un discurso a partir das obras que foron adquirindo desde 1996. Salvador DalÃ, Miquel Barceló, Jaume Plensa, Di Cavalcanti, Laxeiro, Maruja Mallo son algúns dos nomes desta colección que supera as 1.500 obras, o que dá contá da súa importancia. Pero antes deles, foi o CGAC o que aproveitou para facer unha revisión da fotografÃa e da arte conceptual en dúas exposicións, Breve Historia da FotografÃa: a colección Ordóñez Falcón, que se desenvolveu entre marzo e abril, e A mancha humana, que acaba de pechar as súas portas esta fin de semana.
Outra revisión que resulta especialmente significativa é a que leva por tÃtulo Do Neoclasicismo ao Naturalismo na Arte Galega. Organizada polo Museo de Pontevedra, é a primeira vez que este centro organiza en Vigo unha exposición. Faino no Centro Cultural Caixanova de Vigo, entidade coa que o museo pontevedrés ten unha estreita relación, cunha mostra que recolle obras de finais do século XVIII a principios do XX. Os trazos desta mostra, tal e como aparece no sitio web, pasan polo “paulatino predominio da pintura sobre a escultura e a arquitectura, evidenciándose naquela, en consonancia co protagonismo cada vez máis determinante da burguesÃa, o retraemento dos temas relixiosos fronte ao retrato, a paisaxe, o asunto histórico , a escena costumista ou a materia social , propostas que, na súa lóxica evolutiva, irán creando progresivamente, en paralelo co que sucede noutras latitudes peninsulares polas mesmas datas, unha pintura á que por fin poderemos denominar ou considerar, con fundamento, xenuinamente galega”.
De xeito mais puntual, a Fundación Barrié presenta Puntos de luz, as obras que fan parte da súa incipiente colección nun espazo destacado da súa sede coruñesa. Foi un pretexto feito a propósito da “Noite dos museos”, que continúa para coñecer as adquisicións desta colección en Basilea ou ARCO. Outro exemplo, de cómo pór en valor a nova colección.
Tendencia xeral
No CGAC, na época de Miguel Fernández Cid fixéronse varias exposicións que aproveitaron os fondos (tanto da institución, como da Fundación ARCO que o CGAC garda en depósito) como Esperando unha chamada, Pegadas de luz, xogos de escala. Unha liña que continuou o actual director, Manuel Olveira, con Arquivar tormentas, ou Destino: Santiago, que foi para levar ao estranxeiro, ou mesmo con Mapas, cosmogonÃas e puntos de referencia. Revisións sobre os fondos para sacar dos almacéns, cun obxectivo concreto, obras de arte para achegalas á cidadanÃa.
En todo caso, a recuperación dos fondos para achegar unha lectura diferente, non é algo exclusivo aos centros galegos, senón unha tendencia que están a desenvolver outros centros de prestixio a nivel estatal ou internacional, como poden ser Museu d´Art Contemporani de Barcelona (MACBA) ou o Reina SofÃa.