A Coruña, Lugo, Vigo, Ourense, Pontevedra e Santiago serán os escenarios que acollen o III Festival de Música de Galicia. Un programa que comezará o dÃa 2 de xullo co concerto que darán na Praza do Obradoiro a Orquestra Sinfónica e Coro da RTVE. Un festival que deixará en Galicia 30 concertos con importantes agrupacións instrumentais e vocais.
Máis calidade nun espectáculo que se asenta
Con esta xa van tres as edicións do Festival de Música de Galicia, o que vai consolidando este programa. De feito, na presentación que tivo lugar na Capela do Hostal dos Reis Católicos, o presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, salientou a "que poucas veces en Galicia se puideron ver xuntos nun festival un número tan amplo e ó tempo tan profundamente valioso de pezas, intérpretes e autores". Neste programa figuran agrupacións e formacións corais e vocais importantes no panorama musical do mundo, como por exemplo a Royal Philarmonic Orchestra ou a Orquestra Sinfónica de San Petersburgo.
Homenaxes
Neste ano 2001 celébranse dúas datas importantes: por unha banda o centenario da morte de Giuseppe Verdi e o nacemento de JoaquÃn Rodrigo (quen faleceu cando se preparaba a primeira edición deste festival). No primeiro caso, Verdi estará no 9 de xullo, na Orquestre Nationale du Capitole de Toulouse e a Sociedade Coral de Bilbao interpretará o Requiem de Verdi na praza da Quintana. E a segunda homenaxe, a do maestro Rodrigo, terá lugar o 20 de xullo no Auditorio de Galicia a cargo da Real FilharmonÃa de Galicia, pechando o primeiro ciclo.
Múltiples escenarios
Nos 30 concertos que se desenvolverán en toda Galicia, figura un programa en dúas etapas, unha primeira do 2 ó 20 de xullo e outra do 13 de setembro ó 4 de novembro. O 3 de xullo continúa o festival coa actuación na Quintana da formación Nederlands Kamerkoor. O dÃa 4 a Royal Philarmonic Orchestra ofrece un concerto no Aditorio de Galicia. O seis de xullo o festival trasládase a Vigo coa London Chamber Orchestra. mentres en Santiago o Plural Ensemble interpretará "A historia do soldado" de Stravinsky. Polo demais o Coro Masculino Ortodoxo Blagaviest actuará o 7 de xullo na catedrral de Santiago, o 9 na de Ourense e o 10 na igrexa de San Pedro en Lugo. O ciclo tamén conta cos concertos da Sinfónica de San Peterbugo na Coruña ( o 10 de xullo) e coa The Scholars Baroque en Pontevedra (17 de xullo) e en Santiago (o 20).