Bibliotecas galegas e catalás intercambian mil BDs

Dez lotes de 50 obras galegas estarán dispoñibles en distintos centros de Barcelona

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A completar a presenza galega no Saló del Còmic de Barcelona, desde as Bibliotecas Municipais da Coruña informan que nestes días se realizou o primeiro intercambio masivo de obras entre estes centros e os seus homólogos da Xarxa de Biblioteques de Barcelona. En total, dez lotes de cincuenta obras de autores galegos estarán dispoñibles de xeito permanente nos centros cataláns, mentres outros tantos de autores daquela banda se poderán ler en bibliotecas galegas. A iniciativa desenvolveuse en colaboración do Servizo do Libro da Xunta de Galicia, e nos vindeiros días o Blog de Cómics das Bibliotecas da Coruña anunciará en que centros se poden ler as obras cedidas polos cataláns.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A BD de 2008

Presentámosche as obras galegas elixibles para o Salón del Còmic de Barcelona

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Saló del Còmic de Barcelona, Xunta de Galicia