O grupo compostelán Ataque Escampe presenta estes dÃas o seu novo disco a través da plataforma A Regueifa nunha versión dixital á que seguira nos vindeiros dÃas de xuño unha edición en formato fÃsico que se distribuirá en tendas. A grande evasión ofrece en dezanove temas unha viaxe de fuxida e volta a modo de epopea, con historias que “son coma souvenirs: pequenas e baratas na súa extensión, mais enormes ao nos transportaren ao lugar máis inseguro, capitais a arder de ruÃdo, continentes especiais, espaciais”. Dentro da viaxe á que invita o disco hai tres pequenas pezas instrumentais dedicadas a cada un dos aeroportos galegos. O grupo muda minimamente a súa formación neste disco coa incorporación de Lois, que se ocupa dos teclados, e que substitúe o acordeón de Francesc. A grande Evasión gravouse no Home Studio do Edificio Avante (Santiago de Compostela) durante o mes de marzo e foi mesturado e masterizado en abril de 2009 por Marcos Payno e Tomás Axeitos.