Debutaron nos escenarios do 29 de maio de 1914 e, desde entón, desenvolveron un traballo ininterrompido a prol da cultura galega. O Toxos e Froles cumpre noventa e catro anos este venres e vaino celebrar cunha serie de actos. Comezarán o venres no Concello de Ferrol coa entrega dos premios Letras de Bretaña para Ramón Pernas e as medallas do Reino de MerlÃn para DarÃo Villanueva. Canda isto, este mesmo venres terá lugar a tradicional homenaxe aos membros fundadores. Os actos continuarán o vindeiro 12 de xuño coa celebración do festival anual da entidade. Será nese encontro cando se lle concederá o premio “Manuel Lourenzo Barja” a Luis Alonso Girgado.