Os pasados días 9 e 10 de maio Camelle acolleu as primeiras xornadas dedicadas á obra de Manfred Gnädinger, coñecido coma Man. Os especialistas alí reunidos reclamaron a declaración de Ben de Interese Cultural para o conxunto de esculturas que este creador deixou á beira do mar desta vila. A proposta ecoou deste entón da man de Marisol Soneira no Parlamento de Galicia. A coincidir con esta actualidade da obra de Man, achegámosche en primicia unha mostra da ampla colección de fotografías que fixo o alemán e que se conservan en Camelle
Logo do falecemento en 2002 de Manfred Gnädinger, o alemán de Camelle, a súa obra sufriu un acelerado proceso de degradación. A acción dos elementos, sumado ao vandalismo, deterioraron tanto a casa na que habitaba este anacoreta moderno coma as escultura que creou con material de refugallo á beira do mar. As repetidas promesas de crear un centro que velase polo seu legado foron atrasando a súa concreción ata que, a finais de 2008 se constituíu finalmente a Fundación Man. Como primeira grande actividade desta entidade, en maio as Xornadas sobre criterios de conservación e recuperación da obra de Man de Camelle analizaban o estado e as posibilidades destes bens.
Segundo explica Xoán Abeleira, relator que falou no congreso sobre o radicalismo da obra de Man, hai algunhas das súas obras, en concreto unha das pegadas que fixo, que podería estar en calquera grande museo de arte contemporánea do mundo. Cando se fala del, considérase un artista pertencente á land art ou a arte povera. No entanto, eu penso que, se o hai que ubicar nalgún sitio, pertence á art brut ou á coñecida coma outsider art. Trátase de creadores que constrúen un espazo exterior que reflicte o seu espazo interior. Eu falo de Manismo, e penso que se encadra na arte marxinal nun sentido positivo, coma alguén que se automarxinou do sistema.
Compromiso
No entanto, o que máis destaca este especialista na obra do alemán, por riba do que pensemos sobre a mesma, o que máis me interesa de Manfred coma creador é a súa postura vital, a súa radicalidade. É un creador fondamente anticapitalista que nun determinado momento optou por afastarse do sistema e fíxoo dun xeito radical. Falamos dun home que vivía sen luz, sen teléfono e sen calefacción, e que o fixo a mantenta explica. Para Abelaira, o exemplo de Man achega unha mensaxe que me parece agora mais necesaria que nunca, e é que o ser humano e os creadores poden vivir e crear dentro da natureza sen a destruír. Á obra de Man en sí, debemos sumar a peculiaridade do sistema de visitas fixo deste creador un pioneiro no campo dos museos interactivos. A interactividade do museo de Man céntrase nas libretas, no feito de que obrigase aos visitantes a facer un debuxo, e iso non é algo habitual en ningún centro deste tipo, explica Sabela Mariña, directora da Fundación. Agora no plan museográfico que hai que elaborar quérese incluír a interactividade coma un dos puntos fortes.
Recuperación da obra
As xornadas pretendían establecer un criterios para ver por onde se pode traballar co legado de Man, lembra Mariña. Pendentes da publicación das actas deste encontro, adianta que a maioría dos relatores coincidiron en ser partidarios da restauración do museo. Ao ter a documentación toda que Man tiña gardada é máis sinxelo abordar estas tarefas. Independentemente das xornadas estaba xa previsto empezar con traballos de conservación para garantir que non caia nada máis, aínda que foi moito o que se estragou. Pola súa banda, Xoán Abeleira explica que o debate agora mesmo era qué facer co museo, se o restaurar de xeito canónico, limpando e deixándoo como está ou tentar reconstruílo e reactivalo partindo da documentación que temo. Todos estivemos de acordo en que hai que o reconstruír, explica. Eu ademais, propuxen documentar todo o proceso de reconstrución, e despois amosar como quedou todo despois do Prestige, como se foi deteriorando e como se recuperou.
Propostas
O traballo pendente para esta entidade é involucrar as administracións para que participen nisto. Do mesmo xeito, O que pretendemos é que a xente o vaia visitar, e manter viva a iniciativa que tiña el das libretas, que cada debuxante teña que deixar algo no texto. E iso complementalo cunha páxina web onde se poidan ver os debuxos que xa están gardados canda aos novos. Tamén queriamos facer un centro de interpretación sobre a obra de man. Na súa casa non se poden gardar as cousas porque se deteriorarían moito. O desenvolvemento do proxecto, obviamente, depende de que se consigan fondos para a súa posta en marcha. O obxectivo final é formar un triángulo composto polo Museo, o Centro de Interpretación e mais as rotas que el facía. Estas son, na súa maior parte, camiños de pescadores que hai nas proximidades e que o alemán percorría de xeito habitual. Entre outras propostas, a Fundación baralla a posibilidade de facer un irmanamento entre a Camelle a mais a vila natal de Man, onde se sigue con atención a evolución da obra deste creador.
Para Abeleira, a situación actual, logo duns anos de absoluto desleixo, na que políticos, intelectuais e artista non valoraban a obra de Man, pasamos de repente a algo que para min é incrible e que non tería crido hai tres anos, e é que se organizan unhas xornadas coma estas, que contaron con algúns dos mellores restauradores de España a falar sobre a obra de man e convidándonos a reconstruír o museo. Iniciativas coma a presentada por Marisol Soneira no Parlamento de Galicia para que a obra do alemán sexa declarada Ben de Interese Cultural, ou o compromiso do Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, en mediar para o desenvolvemento do Plan Director destes bens, semellan manter o foco sobre Camelle.
Xornadas sobre criterios de conservación, recuperación da obra de Man de Camelle
Fonte: Fundación Man.Logo do falecemento en 2002 de Manfred Gnädinger, o alemán de Camelle, a súa obra sufriu un acelerado proceso de degradación. A acción dos elementos, sumado ao vandalismo, deterioraron tanto a casa na que habitaba este anacoreta moderno coma as escultura que creou con material de refugallo á beira do mar. As repetidas promesas de crear un centro que velase polo seu legado foron atrasando a súa concreción ata que, a finais de 2008 se constituíu finalmente a Fundación Man. Como primeira grande actividade desta entidade, en maio as Xornadas sobre criterios de conservación e recuperación da obra de Man de Camelle analizaban o estado e as posibilidades destes bens.
Segundo explica Xoán Abeleira, relator que falou no congreso sobre o radicalismo da obra de Man, hai algunhas das súas obras, en concreto unha das pegadas que fixo, que podería estar en calquera grande museo de arte contemporánea do mundo. Cando se fala del, considérase un artista pertencente á land art ou a arte povera. No entanto, eu penso que, se o hai que ubicar nalgún sitio, pertence á art brut ou á coñecida coma outsider art. Trátase de creadores que constrúen un espazo exterior que reflicte o seu espazo interior. Eu falo de Manismo, e penso que se encadra na arte marxinal nun sentido positivo, coma alguén que se automarxinou do sistema.
Compromiso
No entanto, o que máis destaca este especialista na obra do alemán, por riba do que pensemos sobre a mesma, o que máis me interesa de Manfred coma creador é a súa postura vital, a súa radicalidade. É un creador fondamente anticapitalista que nun determinado momento optou por afastarse do sistema e fíxoo dun xeito radical. Falamos dun home que vivía sen luz, sen teléfono e sen calefacción, e que o fixo a mantenta explica. Para Abelaira, o exemplo de Man achega unha mensaxe que me parece agora mais necesaria que nunca, e é que o ser humano e os creadores poden vivir e crear dentro da natureza sen a destruír. Á obra de Man en sí, debemos sumar a peculiaridade do sistema de visitas fixo deste creador un pioneiro no campo dos museos interactivos. A interactividade do museo de Man céntrase nas libretas, no feito de que obrigase aos visitantes a facer un debuxo, e iso non é algo habitual en ningún centro deste tipo, explica Sabela Mariña, directora da Fundación. Agora no plan museográfico que hai que elaborar quérese incluír a interactividade coma un dos puntos fortes.
Recuperación da obra
As xornadas pretendían establecer un criterios para ver por onde se pode traballar co legado de Man, lembra Mariña. Pendentes da publicación das actas deste encontro, adianta que a maioría dos relatores coincidiron en ser partidarios da restauración do museo. Ao ter a documentación toda que Man tiña gardada é máis sinxelo abordar estas tarefas. Independentemente das xornadas estaba xa previsto empezar con traballos de conservación para garantir que non caia nada máis, aínda que foi moito o que se estragou. Pola súa banda, Xoán Abeleira explica que o debate agora mesmo era qué facer co museo, se o restaurar de xeito canónico, limpando e deixándoo como está ou tentar reconstruílo e reactivalo partindo da documentación que temo. Todos estivemos de acordo en que hai que o reconstruír, explica. Eu ademais, propuxen documentar todo o proceso de reconstrución, e despois amosar como quedou todo despois do Prestige, como se foi deteriorando e como se recuperou.
Propostas
O traballo pendente para esta entidade é involucrar as administracións para que participen nisto. Do mesmo xeito, O que pretendemos é que a xente o vaia visitar, e manter viva a iniciativa que tiña el das libretas, que cada debuxante teña que deixar algo no texto. E iso complementalo cunha páxina web onde se poidan ver os debuxos que xa están gardados canda aos novos. Tamén queriamos facer un centro de interpretación sobre a obra de man. Na súa casa non se poden gardar as cousas porque se deteriorarían moito. O desenvolvemento do proxecto, obviamente, depende de que se consigan fondos para a súa posta en marcha. O obxectivo final é formar un triángulo composto polo Museo, o Centro de Interpretación e mais as rotas que el facía. Estas son, na súa maior parte, camiños de pescadores que hai nas proximidades e que o alemán percorría de xeito habitual. Entre outras propostas, a Fundación baralla a posibilidade de facer un irmanamento entre a Camelle a mais a vila natal de Man, onde se sigue con atención a evolución da obra deste creador.
Para Abeleira, a situación actual, logo duns anos de absoluto desleixo, na que políticos, intelectuais e artista non valoraban a obra de Man, pasamos de repente a algo que para min é incrible e que non tería crido hai tres anos, e é que se organizan unhas xornadas coma estas, que contaron con algúns dos mellores restauradores de España a falar sobre a obra de man e convidándonos a reconstruír o museo. Iniciativas coma a presentada por Marisol Soneira no Parlamento de Galicia para que a obra do alemán sexa declarada Ben de Interese Cultural, ou o compromiso do Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, en mediar para o desenvolvemento do Plan Director destes bens, semellan manter o foco sobre Camelle.
Fonte: Fundación Man
Fonte: Fundación Man
Fonte: Fundación Man
Fonte: Fundación Man
Fonte: Fundación Man
Fonte: Fundación Man
Fonte: Fundación Man
Fonte: Fundación Man
Fonte: Fundación Man
Fonte: Fundación Man
Fonte: Fundación Man
Fonte: Fundación Man
Fonte: Fundación Man
Fonte: Fundación Man
Man. Fotografías Fonte: Fundación Man.