A presenza galega no Saló del Cómic de Barcelona, que comeza este venres, continúa a medrar ano a ano. E non é para menos, xa que Galicia é comunidade convidada na 27ª edición do principal evento dedicado á novena arte no noso país. Alén da presenza institucional, que vate marcas de espazo e de visibilidade este ano, os nosos autores e editoriais déixanse notar no lanzamento de cada vez máis novidades, unha maior presenza nas candidaturas aos premios e postos que amosan a vitalidade do panorama. Achegámoste unha análise da presenza galega, o texto actualizado do folleto ABC BD e mais os horarios de sinaturas que xa confirmaron distintos autores galegos.
O cartel de David Rubín dá a benvida a unha edición que quere estar marcada pola presenza da BD galega. Un stand de 150 metros cadrados cunha grande ilustración de Fernando Iglesias centrará a presenza galega no festival. O espazo albergará as dúas exposicións colectivas que pretenden representar o traballos dos autores do noso país. Miña Terra Galega achegará as visións que de tópicos do noso país coma a choiva, o marisco, a emigración ou a morte teñen Emma Ríos, Diego Blanco, Manel Cráneo , José Domingo, Alberto Guitián, Kiko da Silva, Iván Suárez e Alberto Vázquez. Canda a esta, Viñetas descubertas. Certames galegos 2000-2008 recupera traballos dos autores que neste periodo resultaron gañadores das distintas convocatorias dos premios Na Vangarda, GZ Crea e Castelao. Canda a estas exposicións, o posto albergará unha grande mostra de publicacións galegas dos últimos anos e contará con persoal que achegará información sobre a BD do noso país, co apoio do texto ABC BD realizado por culturagalega.org. Ademais, o Saló contará coa presenza de Xaquín Marín, decano dos autores galegos de BD.
Iniciativas privadas
Fronte a el, un stand de venda de 24 metros cadrados permitiralle aos visitantes adquirir os lanzamentos de autores e editoras galegas. El Patito Editorial conta co seu propio espazo na feira, un posto de bo tamaño situado ao carón do stand promocional no que exhibirán e venderán as súas obras. Tamén contamos con galegos na zona de fanzines. Un posto conxunto do Proxecto Galauda, o fanzine O catalizador e mais o Centro Galego de Barcelona achega por vez primeira estes colectivos ao evento.
Actividades
A nivel de actividades, ás catro da tarde do venres 29 celebrarase unha mesa redonda sobre a situación da BD actual co título Galicia comunidade convidada na que estarán presentes Gochi, de Cerditos de Guinea Cómics, Javi Montes coma representante da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración e mais o autor Xosé Tomás. Pola súa banda, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, visitará o evento no mesmo día e ás cinco da tarde fará unha presentación da delegación galega en compañía dos responsables do Saló e de representantes da Generalitat de Catanlunya entre outros persoeiros. O sábado 30 será o director xeral de Difusión e Promoción da Cultura, Francisco López Rodríguez quen visite a feira. Ás once da mañá deste día Manel Cráneo presentará a súa última obra Os lobos de Moeche na Sala de Actos. O resto das novidades galegas contarán cunha presentación conxunta ás seis e media da tarde no mesmo espazo. Como é habitual, autores do noso país asinarán tanto no posto de venda como nos das diferentes editoras que teñen publicado os seus traballos.
Opcións a premios
É de agardar que o eco acadado pola BD galega nesta edición se deixe sentir nos premios do Saló. Opcións non faltan. Se Jacobo Fernández opta a autor revelación por Os amigos de Archimboldo Roque e Aventuras de Cacauequi, o Cuaderno de tormentas de David Rubín pode outorgarlle ao autor o premio ao mellor debuxo. En revistas atopamos BD Banda coma candidata, e na categoría de fanzines hai dous nomes galegos: Carne líquida e Condorito muerto. Tamén vencelladas ao noso país, ao estar editado por BD Banda, están as opcións de As serpes cegas,do balear Bartolomé Seguí e do valencián Felipe Hernández Cava, a ser considerada mellor obra e mellor guión. Finalmente, existe presenza galega en publicacións coma Argh, Amaniaco ou Dos veces breve. Non podemos esquecer que tamén están abertos os premios populares do Saló, que escollen por votación aberta os seus gañadores e que xa o ano pasado lle supuxeron o recoñecemento á revista Retranca, a Alberto Vázquez e mais a Antonio Seijas, e que non sería extraño que contasen doutra volta con nomes do noso país entre os galardoados.
Estreas monográficas
Semella que cada ano son máis as presentacións galegas que se fan no Saló de Barcelona. Entre as novidades que preparan as editoras galegas para este Saló destaca o debut en álbum longo no mercado estatal de dous autores do noso país, en ámbolos casos compilando historias previas. Víctor Rivas ve publicado o Harry Pórrez que debuxara para a revista Mister K por Ediciones El Jueves. O volume de 244 páxinas inclúe 180 páxinas e mais capa do galego, sendo o resto da obra da etapa do debuxante Enrique Carlos co personaxe. A outra estrea en volume correspóndelle a Alberto Guitián, que ve compilada a serie Fito e Pita, que publica na revista Retranca da man da editora desta publicación. O volume apaisado de 64 páxinas e a toda cor, sae en galego e ten prevista unha edición en castelán. A presentación farase na Galería Sargadelos de Barcelona (Rúa Provença números 274-276).
Obras únicas
Canda a eles, atopamos como novidades destacadas a obras Mensaxes coa que Mariano Casas gañou o último Premio Castelao de Banda Deseñada e que agora ve a luz da man de El Patito Editorial en galego e en castelán. A mesma casa edita a versión en castelán da primeira obra profesional de Miguelanxo Prado. Los compañeros. La orden de la piedra compila as tiras deste autor para La Voz de Galicia a comezos dos anos oitenta. A obra xa vira a luz en edición galega. Tamén Fran Bueno chega a Barcelona con traballos recuperados. O máxico arrecendo e outras historias achega aos Clásicos da Historieta Galega de El Patito as primeira obras deste autor. Mariano Casas achega aínda outra publicación autoeditada ao evento, o álbum dobre Luces/Far west. En castelán chega o Marcopola, a illa viaxeira co que Jacobo Fernández pretende abrir unha serie en Bang! Edicións. Pola súa banda, Polaqia achega ao evento un novo número da colección Rompehielos, El Corazón de los Árboles, a cargo de Miguel B. Núñez. A estas novidades engádense proxectos que xa se presentaran no noso país e que se amosan agora no evento, coma Os lobos de Moeche de Manel Cráneo, Compañeiros de Xosé Tomás ou As serpes cegas, editado por BD Banda.
Publicacións colectivas
Pola banda das publicacións periódicas, destaca a décimo terceira entrega do multipremiado Barsowia, que chega ás 108 páxinas e suma traballos internacionais (debuxantes americanos, portugueses e españois) aos dos membros do colectivio Polaqia nunha longa nómina de autores baixo unha portada de Álvaro López. Tamén se agarda para o Saló o lanzamento do cuarto número de BD Banda, que presta unha especial anteción á serie As Serpes Cegas. Como novidade na nómina de publicacións galegas atopamos un curioso proxecto, O catalizador, un fanzine que xorde do traballo dos alumnos do proxecto Galauda, centrado no ensino de galego en Cataluña. Tamén atopamos galegos na entrega da publicación Dos veces breve, da andaluza Ariadna Editorial. Non podemos esquezer a presentación pola banda de Astiberri do volume recompilatorio de El Fanzine Enfermo, un proxecto que coliderou no seu día Alberto Vázquez.
Coma sempre, estarán presentes no recinto da Fira diferentes autores do país que aproveitarán o evento para presentar os seus proxectos a editores estatais e internacionais ou pechar novas publicacións. Coma sempre, os froitos destes días coñeceranse ao longo de todo o vindeiro ano.
ABC BD 09: Manual Básico de Banda Deseñada.O cartel de David Rubín dá a benvida a unha edición que quere estar marcada pola presenza da BD galega. Un stand de 150 metros cadrados cunha grande ilustración de Fernando Iglesias centrará a presenza galega no festival. O espazo albergará as dúas exposicións colectivas que pretenden representar o traballos dos autores do noso país. Miña Terra Galega achegará as visións que de tópicos do noso país coma a choiva, o marisco, a emigración ou a morte teñen Emma Ríos, Diego Blanco, Manel Cráneo , José Domingo, Alberto Guitián, Kiko da Silva, Iván Suárez e Alberto Vázquez. Canda a esta, Viñetas descubertas. Certames galegos 2000-2008 recupera traballos dos autores que neste periodo resultaron gañadores das distintas convocatorias dos premios Na Vangarda, GZ Crea e Castelao. Canda a estas exposicións, o posto albergará unha grande mostra de publicacións galegas dos últimos anos e contará con persoal que achegará información sobre a BD do noso país, co apoio do texto ABC BD realizado por culturagalega.org. Ademais, o Saló contará coa presenza de Xaquín Marín, decano dos autores galegos de BD.
Iniciativas privadas
Fronte a el, un stand de venda de 24 metros cadrados permitiralle aos visitantes adquirir os lanzamentos de autores e editoras galegas. El Patito Editorial conta co seu propio espazo na feira, un posto de bo tamaño situado ao carón do stand promocional no que exhibirán e venderán as súas obras. Tamén contamos con galegos na zona de fanzines. Un posto conxunto do Proxecto Galauda, o fanzine O catalizador e mais o Centro Galego de Barcelona achega por vez primeira estes colectivos ao evento.
Actividades
A nivel de actividades, ás catro da tarde do venres 29 celebrarase unha mesa redonda sobre a situación da BD actual co título Galicia comunidade convidada na que estarán presentes Gochi, de Cerditos de Guinea Cómics, Javi Montes coma representante da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración e mais o autor Xosé Tomás. Pola súa banda, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, visitará o evento no mesmo día e ás cinco da tarde fará unha presentación da delegación galega en compañía dos responsables do Saló e de representantes da Generalitat de Catanlunya entre outros persoeiros. O sábado 30 será o director xeral de Difusión e Promoción da Cultura, Francisco López Rodríguez quen visite a feira. Ás once da mañá deste día Manel Cráneo presentará a súa última obra Os lobos de Moeche na Sala de Actos. O resto das novidades galegas contarán cunha presentación conxunta ás seis e media da tarde no mesmo espazo. Como é habitual, autores do noso país asinarán tanto no posto de venda como nos das diferentes editoras que teñen publicado os seus traballos.
Opcións a premios
É de agardar que o eco acadado pola BD galega nesta edición se deixe sentir nos premios do Saló. Opcións non faltan. Se Jacobo Fernández opta a autor revelación por Os amigos de Archimboldo Roque e Aventuras de Cacauequi, o Cuaderno de tormentas de David Rubín pode outorgarlle ao autor o premio ao mellor debuxo. En revistas atopamos BD Banda coma candidata, e na categoría de fanzines hai dous nomes galegos: Carne líquida e Condorito muerto. Tamén vencelladas ao noso país, ao estar editado por BD Banda, están as opcións de As serpes cegas,do balear Bartolomé Seguí e do valencián Felipe Hernández Cava, a ser considerada mellor obra e mellor guión. Finalmente, existe presenza galega en publicacións coma Argh, Amaniaco ou Dos veces breve. Non podemos esquecer que tamén están abertos os premios populares do Saló, que escollen por votación aberta os seus gañadores e que xa o ano pasado lle supuxeron o recoñecemento á revista Retranca, a Alberto Vázquez e mais a Antonio Seijas, e que non sería extraño que contasen doutra volta con nomes do noso país entre os galardoados.
Estreas monográficas
Semella que cada ano son máis as presentacións galegas que se fan no Saló de Barcelona. Entre as novidades que preparan as editoras galegas para este Saló destaca o debut en álbum longo no mercado estatal de dous autores do noso país, en ámbolos casos compilando historias previas. Víctor Rivas ve publicado o Harry Pórrez que debuxara para a revista Mister K por Ediciones El Jueves. O volume de 244 páxinas inclúe 180 páxinas e mais capa do galego, sendo o resto da obra da etapa do debuxante Enrique Carlos co personaxe. A outra estrea en volume correspóndelle a Alberto Guitián, que ve compilada a serie Fito e Pita, que publica na revista Retranca da man da editora desta publicación. O volume apaisado de 64 páxinas e a toda cor, sae en galego e ten prevista unha edición en castelán. A presentación farase na Galería Sargadelos de Barcelona (Rúa Provença números 274-276).
Obras únicas
Canda a eles, atopamos como novidades destacadas a obras Mensaxes coa que Mariano Casas gañou o último Premio Castelao de Banda Deseñada e que agora ve a luz da man de El Patito Editorial en galego e en castelán. A mesma casa edita a versión en castelán da primeira obra profesional de Miguelanxo Prado. Los compañeros. La orden de la piedra compila as tiras deste autor para La Voz de Galicia a comezos dos anos oitenta. A obra xa vira a luz en edición galega. Tamén Fran Bueno chega a Barcelona con traballos recuperados. O máxico arrecendo e outras historias achega aos Clásicos da Historieta Galega de El Patito as primeira obras deste autor. Mariano Casas achega aínda outra publicación autoeditada ao evento, o álbum dobre Luces/Far west. En castelán chega o Marcopola, a illa viaxeira co que Jacobo Fernández pretende abrir unha serie en Bang! Edicións. Pola súa banda, Polaqia achega ao evento un novo número da colección Rompehielos, El Corazón de los Árboles, a cargo de Miguel B. Núñez. A estas novidades engádense proxectos que xa se presentaran no noso país e que se amosan agora no evento, coma Os lobos de Moeche de Manel Cráneo, Compañeiros de Xosé Tomás ou As serpes cegas, editado por BD Banda.
Publicacións colectivas
Pola banda das publicacións periódicas, destaca a décimo terceira entrega do multipremiado Barsowia, que chega ás 108 páxinas e suma traballos internacionais (debuxantes americanos, portugueses e españois) aos dos membros do colectivio Polaqia nunha longa nómina de autores baixo unha portada de Álvaro López. Tamén se agarda para o Saló o lanzamento do cuarto número de BD Banda, que presta unha especial anteción á serie As Serpes Cegas. Como novidade na nómina de publicacións galegas atopamos un curioso proxecto, O catalizador, un fanzine que xorde do traballo dos alumnos do proxecto Galauda, centrado no ensino de galego en Cataluña. Tamén atopamos galegos na entrega da publicación Dos veces breve, da andaluza Ariadna Editorial. Non podemos esquezer a presentación pola banda de Astiberri do volume recompilatorio de El Fanzine Enfermo, un proxecto que coliderou no seu día Alberto Vázquez.
Coma sempre, estarán presentes no recinto da Fira diferentes autores do país que aproveitarán o evento para presentar os seus proxectos a editores estatais e internacionais ou pechar novas publicacións. Coma sempre, os froitos destes días coñeceranse ao longo de todo o vindeiro ano.
Sesións de sinaturas de autores galegos no XXVI Saló del Còmic de Barcelona.