Un rei portugués entra en Galicia e é recibido calorosamente polas cidades, que o ven coma un garante dos seus dereitos fronte á igrexa. Poucos anos despois, o herdeiro ao trono inglés desembarca e desenvolve unha importante campaña de conquista do noso país no marco da Guerra dos Cen Anos. Nos dous casos, loitas internacionais que se enmarcan nas últimas tentativas dos nobres medievais do noso país por manter o seu poder fronte á coroa castelá. Coñece, con cadanseu mapa animado, estas historias.
Fernando I de Portugal, fillo do que fora amante de Inés de Castro (Pedro I), protagonizou cara ao 1370 unha curiosa aventura que puido mudar a nosa historia. Unha expedición militar que o levou por boa parte do noso país e que pretendía, en último termo, garantir o seu acceso ao trono de Galicia, León e Castela. Este é un dos episodios que se recolle na exposición Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia, que se poderá ver a partir do vindeiro mes de xuño en Monforte, e que xa recalou en Ourense. Segundo nos explica Anselmo López Carreira, historiador e comisario da mostra a raíz do conflito está nas loitas pola sucesión da coroa castelá. A liñaxe galega dos Castro, con Fernán Pérez de Castro á cabeza, apoiaba a Pedro I. Pola súa banda a Igrexa, nomeadamente os bispos, estaba a prol de Henrique de Trastámara. Ao asasinar este último ao primeiro durante a toma do castelo de Montiel, a guerra queda decidida ao seu favor, co apoio dos grandes señoríos feudais de Castela e mais da Igrexa. Malia a este panorama, os nobres galegos non renunciaron a buscar unha fórmula que defendese os seus dereitos. O grande dominio que tiñan os Castro en Galicia, en alianza coas cidades, fan que o novo rei non consiga instalarse na cidade. Entón, por iniciativa de Fernando de Castro e mais do seu irmán Álvaro Pérez de Castro, que era condestable de Portugal e tiña alí diferentes títulos, ofrécenlle o tono de Galicia a Fernando de Portugal. Os dous nobres eran á súa vez irmáns da xa por entón falecida Inés de Castro. A manobra está claramente apoiada por membros da alta nobreza galega, conclúe.
MAPA ANIMADO: Expedición de Fernando I
A xira do rei portugués
Animado polas posibilidades de expansión territorial, o rei inicia un percorrido polo noso país. Vai acompañado por membros destacados da nobreza galega, e nas cidade ábrenselles as portas. Segundo López Carreira, a reconstrución do periplo do rei, organizado en dúas rotas, é posible grazas ás crónicas que deixaron Fernán Lópes desde Portugal e mais o castelán López de Ayala. Os dous coinciden en que tanto a nobreza coma as cidades lle son favorables, pero a experiencia dura pouco. En 1370 unha ofensiva da casa de Trastámara na que se involucran os mercenarios bretóns do célebre Bertrand Du Guesclin leva a Fernando a se retirar de volta a Portugal acompañado por nobres galegos coma o Conde Fernández de Andeiro. Por un tempo, A Coruña e Tui resistiron coma bastións a prol da súa causa, con escaso éxito. Da documentación despréndese que o rei establecera plans a medio prazo, con ordes coma a emisión de moeda en Galicia, a reconstrución de murallas ou o establecemento do libre comercio entre os dous reinos.
A opción inglesa
Malia a este fracaso, as tentativas da nobreza galega por mudar de rei non ficaron aí. Tivo que pasar moito tempo, pero tanto os dous irmáns coma, cun importante papel, o Conde Fernández de Andeiro tentarán establecer unha alianza angloportuguesa para ocupar de novo Galicia. Desta volta situámonos en 1386. Entre unha e outra tentativa hai unha mudanza de dinastía en Portugal, e diferentes vicisitudes da Guerra dos Cen Anos provocan que se vaia demorando este plan. O propio Fernando Pérez de Castro falece en Aquitania cando estaba a preparar esta invasión canda aos seus aliados ingleses. Ao morrer tamén o seu irmán, é Fernández de Andeiro o que continúa co proxecto, aínda que faleceu á súa vez nas loitas sucesorias portuguesas.
MAPA ANIMADO: Expedición do Duque de Lancaster
A fin da nobreza
Fóra da escena os galegos, é Xoán de Gante, Duque de Lancaster e fillo do rei de Inglaterra, o que colle protagonismo. Os Trastámara eran aliados de Francia, con quen están en guerra os ingleses. Entón ve unha oportunidade de intervir contra eles, e reclama o trono dos Trastámara xustificándose en que está casado cunha filla do falecido Pedro I. Desembarca en 1386 na Coruña, e expedición repite un esquema semellante á que realizara o rei portugués, pero desta volta de Norte a Sur. Vai avanzando polo país, establece corte en Santiago de Compostela e despois pasa a Ourense. Alí realizáronse asaltos en Ourense e Ribadavia, con éxitos para o pretendente. Desta volta é un cronista francés, Froissart, o que narra a campaña, aínda que López Carreira advirte que coñece a historia por intermediarios e dá en varias esaxeracións. A expedición, nun comezo exitosa, creaba unha entente de Galicia con Inglaterra e Portugal. No entanto, a aparición dunha peste nas filas do exército inglés lévaa ao fracaso. Isto obrigou a unhas negociacións que deron en beneficios persoais para os Lancaster, que estableceron sólidos vencellos en Portugal e en Castela. Para Galicia, na práctica, isto ten unhas consecuencias tremendas, xa que é o fracaso da grande nobreza condal. Os Castro practicamente desaparecen, todo o seu patrimonio pasa a mans dos casteláns. No seu lugar vén unha nobreza trastamarista, e supón tamén o fracaso das cidades fronte ao señorío episcopal.