Os libros protagonizan as celebracións das letras galegas nas que tamén hai concertos e teatro

Pontevedra festéxao co Certame das Letras Galegas: entre a música e a palabra

Conferencias sobre Ramón Piñeiro (Henrique Dacosta e Bernardo na Galería Sargadelos de Ferrol, de Antonio Reigosa no Auditorio Municipal de Valdoviño, Franco Grande na sede da Fundación Caixa Galicia de Santiago); representacións teatrais (en Cariño e en Fene esta fin de semana), concertos (Vigo e Pontevedra no Certame das Letras Galegas: entre a música e a palabra) pero, sobre todo, moitas presentacións de publicacións. Hoxe preséntanse cinco, e todas elas en Santiago: tres volumes na Libraría Couceiro, un no Consello da Cultura e outro na sede do Grupo Correo Galego.