A IX Bienal Pintor Laxeiro escribirase en clave local. A concelleira de Cultura de LalÃn, Nuria RodrÃguez, e o comisario da bienal Daniel Fernández Rey anunciaron que o encontro promoverá só os artistas galegos. En total participarán 18 artistas, entre os que se atopan nomes como Antón Lamazares, Luis Caruncho ou Armindo Salgueiro. Unha cifra que está moi alonxada dos 44 que se exhibiron hai catro anos, nos que a metade eran creadores internacionais. A Bienal, que pretende iniciar unha nova etapa, abrirá as súas portas o 23 de maio no Museo Municipal de LalÃn.