Os Carunchos presentan o seu cuarto disco na Feira dos Maios de Vigo

A formación tradicional non entraba a gravar desde o anterior Montealegre en 2005

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O domingo día 10 de maio as 19 horas, na Praza da Constitución do Casco Vello de Vigo, terá lugar a presentación en directo do cuarto disco dos Carunchos En galego (PAI, 2009), como parte do programa de actividades organizado pola Asociación de Veciños do Casco Vello de Vigo co gallo da celebración da XXVII Festa dos Maios. Despois de xirar varios anos con Montealegre (PAI, 2005), co que festexaron o seu décimo aniversario e no que introduciron novos instrumentos, agora reaparecen con este disco gravado na Casa de Tolos que arrastra a bagaxe acumulada pola banda sobre os escenarios en todo este tempo. Como adianto pode verse na rede e a través da canle de TV de PAI Música o videoclip do tema Galicia deste novo traballo.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Feira

Claves

Conceptos
Lugares