Despois de cinco anos sen entrar a gravar novas cancións Xil RÃos presentan en directo na TVG os temas do seu novo traballo producido por AiraPro. O artista moañés presentará os temas de Son da alma, no programa Luar da TVG. O escenario perfecto para a posta de longo do seu novo traballo, unha mestura de ritmos caribeños, sons acústicos e retranca galega. Xil RÃos interpretará varios temas do disco, incluÃdo o primeiro sinxelo, Xa Caerá, do que ten gravado un videoclip. Xil RÃos leva case 40 anos no mundo da música, desde que en 1971 participou no festival BahÃa de Vigo até hoxe, pasando polo seu maior éxito, Xirarei, un tema que gravou xunto a Juan Pardo en Londres a principios dos 80 e que se converteu nun dos grandes clásicos da música popular galega. Son da alma foi gravado no estudo Casa de Tolos, en Gondomar, e producido por Segundo GrandÃo.