Paul Young, Waterboys, Alanis Morrisette protagonistas dos 1.500 actos do verán

Música de refresco

Este ano o verán comezará en Galicia o 21 de xuño e rematará o 6 de setembro. Datas nas que se celebra o "Galicia, Viva o milenio", o refresco musical deste verán que organiza a Consellería de Cultura e que ten programado máis de 1.500 actos para douscentos concellos. Cifras nas que destacan os nomes de Paul Young, Alanis Morrisette (aínda sen confirmar), Alejandro Sanz, Manu Chao ou Julio Iglesias.

O 21 de xuño arranca o verán


Este mes de xuño arranca o "Galicia, Viva o milenio". E será o 21.A cita escollida: Vilalba (Lugo) coas orquestras Sintonía, Panorama e Montes. Con este festival comeza o certame organizado pola Consellería de Cultura e que custa 1.000 millóns de pesetas (e que douscentos foron aportados por Telefónica). Logo do pistoletazo de saída, a seguinte cita terá lugar en Ferrol, Lugo, Pontevedra e Ourense os días 22, 23, 24 e 26 con Gael Force. Logo Paul Young e Roxi Music farán o propio o día 29 no multiusos do Sar en Santiago.












Plato forte


Beck, Neil Young& Crazy Horse abrirán os concertos do mes de xullo. Tomarán o relevo os veteranos Beach Boys e Gloria Gaynor en Vigo o día 14. E dous días máis tarde, seguirán Rodrigo Romaní e Susana Seivane en Lugo. Alejandro Sanz fará sonar a súa alma o día 21 en Vigo e o 23 na Coruña. O 28 Cerceda Milladoiro e os Water Boys o 31 en Riazor. E en agosto, comezan os espectáculos nas praias en Ribadeo, Sanxenxo e Nigrán os días 1, 2 e 3. E na praia da Pobra do Caramiñal desembarcarán Los Piratas e Fía na Roca o día 9. E un día despois, Cambados gozará con Na Lúa e os Cempés, Beladona con Cristina Pato e Verín con Hevia e Redondela con Budiño. Pecha o mes Ferrol con Los Planetas, Antonio Vega e Vargas Blues Bando día 17. Sada con Uxía, Susana Seivane e Chouteira o 19, Ourense o 23 con Berrogüeto e Pontevedra o 25 con Milladoiro.




E fin en setembro.


O punto final poñerao Saint Germain o 6 de setembro en Santiago. Días antes estarán Budiño, Fína na Roca e Os Cempés en Monforte. Deste xeito rematará un verán de actuacións musicais
En canto ás actuacións que aínda non están pechadas destaca Alanis Morrisette, que aínda que non está confirmado ten grandes posibilidades de vir á Coruña. De chegar a un acordo a cita será o 18 de xullo no Coliseo coruñés.