En 1846 o Galicia foi escenario dunha revolución que deixarÃa unha fonda marca na historia e na cultura do paÃs. Malia ao seu fracaso, o alzamento liberal de 1846 marcou a polÃtica e o pensamento da época, e ten unha importancia fundamental en como se desenvolveu despois o Rexurdimento e o Rexionalismo galego. AÃnda hoxe, as lembranzas daqueles feitos continúan con vida.
Unha revolución non ten sempre que vencer para mudar a realidade. Pódese pensar que esta foi o caso do pronunciamento que protagonizou o exército en Galicia en 1846. O que comezara coma un alzamento liberal deu no fito fundacional do provincialismo en Galicia, denunciando de xeito explÃcito a situación de abandono no que se atopaba Galicia respecto ao goberno central. “Que foi o que pasou? Este movemento militar coincidiu no tempo cunha xeración de mozos universitarios que teimaban en reivindicar a idea de Galiza”, explica o historiador Prudencio Viveiro. “É a xeración provincialista. Eran os fundadores do galeguismo. Desde polo menos 1840 estes mozos provincialistas denunciaban a situación de abandono a que estaba sometida Galiza, esquecida polo centralismo ignorante, que no dubidara en subdividir o antigo reino en catro provincias sen ningunha base histórica. Os provincialistas defendÃan que Galiza era unha unidade, unha soa provincia, de aà o seu nome. Criticaban tamén a postración económica, as necesidades que pasaban os galegos, ofrecendo ideas para superar esta situación. Os provincialistas deixaron por escrito o seu programa en varios xornais de Santiago de Compostela, cabeceiras como La Aurora de Galicia, El Idólatra de Galicia, El IrÃs de Galicia ou El Porvenir, fálannos ben as claras de cal era o cerne dos provincialistas: Galiza e os seus problemas. Ao chegar abril de 1846 estes militantes do provincialismo deciden pasar á acción. É entón que se unen ao movemento insurreccional”.
As reclamacións
A súa influencia deixouse ver claramente no manifesto dos sublevados e mais na presenza de destacados membros deste movemento na Xunta de goberno. “O manifesto que publicou a Xunta o 15 de abril de 1846 pode dividirse en dúas partes. A primeira era un conxunto de reinvidicacións propias do liberalismo máis progresista, e que podemos resumir na demanda dun maior aperturismo polÃtico. Na segunda, que era a máis novidosa, os provincialistas expuñan as súas demandas. AsÃ, neste manifesto afirmábase que Galiza debÃa recuperar o seu antigo explendor, para erguerse da situación de abatemento na que se atopaba”, explica Viveiro. “Os provincialistas non dubidaban en denunciar que Galiza estaba convertida nunha verdadeira “colonia de la Corte”. O manifesto foi publicado no xornal La Revolución, voceiro da Xunta de Goberno, que tiña a AntolÃn Faraldo, un dos principais lÃderes do provincialismo, como secretario”. Estas reclamacións, finalmente fallidas, marcaron un movemento que ficarÃa eivado polÃticamente desde o seu comezo.
As posibilidades
As posibilidades reais de que o alzamento triunfase non eran moi elevadas, aÃnda que naquela época este tipo de rebelións eran habituais e en moitas ocasións conseguÃan os seus obxectivos. “O liberalismo español do século XIX non foi quen de deseñar mecanismos de alternancia polÃtica. Deste xeito, o bando polÃtico apartado do poder tiña que recorrer ao uso da violencia, á sublevación, para tentar chegar ás institucións. É asà como se explica que o oitocentos español estea inzado de pronunciamentos militares, case sempre procurando o acceso ao poder dos elementos máis progresistas do liberalismo”, lembra Viveiro. No caso concreto de 1846, a localización exclusivamente galega da revolta dificultaba as súas posibilidades de mudar o goberno de Madrid. Para mais, as capacidades dos sublevados non eran comparables ás do experimentado De la Concha, enviado para liquidar, con éxito, o foco.
O mito
O fracaso do alzamento e o fusilamento de SolÃs e de once dos seus oficiais, os chamados Mártires de Carral, foron unha semente que xermolou non moito tempo despois no Rexurdimento de finais do século XIX. “O galeguismo do futuro converterÃaos en mártires da nación, malia a que ningún deles era galego”, lembra Viveiro. “Galiza é asÃ. E que foi dos provincialistas? A derrota obrigounos ao desterro, de Faraldo practicamente non se volveu saber nada, pero a semente xa agromara e en anos vindeiros habÃa de dar os seus froitos”, completa. Debemos pensar que no décimo aniversario destes acontecementos, en 1856, se celebraba o coñecido Banquete de Conxo, que reuniu obreiros e estudantes neste barrio compostelán, e que se considera un fito na recuperación das nosas letras, coa participación de persoeiros coma Aguirre ou Pondal. “A mitificación do alzamento foi case inmediata”, lembra Viveiro. “Debemos pensar que este fito vencellou o galeguismo co progresismo desde o seu nacemento, a diferenza doutros movementos semellantes da época”. Co Rexurdimento virÃa unha maior conciencia das peculiaridades culturais do paÃs, incidindo en cuestións coma lingua, non contemplada polos provincialistas do 46.
A pegada
A pegada destes feitos deixouse sentir aÃnda tempo despois. A coincidir con outro aniversario, en 1904, erixÃase en Carral o monumento que conmemora os falecidos naqueles acontecementos, cunha intervención na que Manuel MurgÃa louvaba o espÃrito daquela revolta. El mesmo contemplara a fin dos combates cando era neno desde a súa fiestra en Compostela. O monumento foi desde aquela escenario de numerosos actos reivindicativos, coma o realizado o 26 de abril de 1931 e no que interviu Manuel LugrÃs Freire. Hoxe, 153 anos depois, podemos atopar pegadas daqueles feitos. O Concello de Teo ten desde 2008 unha ruta sinalizada que percorre os escenarios da decisiva batalla de Cacheiras. Xosé Miranda recuperou esta época na súa novela histórica Morning Star (1998) seguindo a estela que xa iniciara o propio Otero Pedrayo en Os camiños da vida. Neste mesmo ano, o colectivo Sei o que nos figestes organizaba unha mesa redonda a coincidir co aniversario destes feitos entre outras homenaxes.