Federico Mayor Zaragoza preside esta mesma mañá o feche da III Xuntanza Preparatoria do Foro 2010. O encontro, que reúne trinta centros de educación e investigación para a paz de España e Portugal, ten por obxectivo organizar o foro internacional que se celebrará en Compostela entre o 9 e o 13 de decembro do vindeiro ano. O Foro, constituÃdo cos auspicios da ONU e mais da UNESCO, pretende reunir na capital galega entidades e persoeiros dos campos da educación e da investigación para a paz e facer balance da Década da Cultura da Paz e a Non Violencia que estableceu a ONU e que remata nese mesmo ano.