Folk, hip-hop, música electrónica, rock de todos os tipos... Todos os estilos de música que se practican hoxe en Galicia unidos por un denominador común: O estar feitos no noso idioma. Iso é o que nos ofrece o festival itinerante "As nosas músicas", organizado pola Asociación de Músicos en Defensa da Lingua Galega (AMELGA) e a Fundación Caixa Galicia. Trinta concellos recibirán a máis de trinta grupos do paÃs en dez espectáculos diferentes que se programarán ata setembro.
Xuntos pero non revoltos
A variedade de estilos que practican os máis de trinta grupos participantes organizarase en dez espectáculos diferentes, cada un deles dedicado a un tipo de música. AsÃ, o hip-hop e estilos semellantes unirán a Marisol Manfurada, 5 Talegos e Non Resident no espectáculo "Forza da Palabra". Baixo o tÃtulo de "Rock en Galego" poderemos ver a Amaghúa, Drinkin´tinto, Ruxe Ruxe e Túzaros. Os Túzaros participan tamén no espectáculo "Rock en Pedra" onda Sensacha e Acceso Denegado. "Noite de murga" acolle o folk máis tradicional que practican Liñaceira, Cachimonia, Ruote, Choupa na Lama, Pohemia, Nemetóbriga e Carunchos. Outros espectáculos incluidos no programa son "Voces novas", "Trance Tradicional", "Vai de Varanda", "Novo Folk", "Música Enerxética" e "Treboada Electrónica".
Arrincou
O primeiro espectáculo desenvolveuse o pasado venres no Parque de Cavadelo de VilagarcÃa. os DJs Humanoid, Dr. Think e Lord Keison onda Marisol Manfurada animaron a noite dentro do espectáculo "Treboada Electrónica", que se poderá ver o vindeiro dÃa doce na Praza da Leña da Pobra do Caramiñal. Outras actuacións programadas son: Para o dÃa once,"Rock en Galego" en Arteixo, espectáculo que repetirá en Pontedeume o vintecatro. O doce en Oleiros e o vintetres en LalÃn poderá bailarse con "Noite de Murga". A "Forza da Palabra" poderá verse no Campo da CompañÃa de Monforte o dÃa dezasete. Xa para setembro, e a falta de estar totalmente pechado o programa, están previstas as actuacións de "Rock en Pedra".
Promoción
Con este proxecto preténdese potenciar a creación dun circuito musical para a promoción, difusión e apoio a grupos e solistas novos. Segundo sinalou Patricia Maceira, da Obra Social de Caixa Galicia, con esta iniciativa acadarase que grupos novos e pouco coñecidos actúen en escenarios dignos e con promoción especÃfica o que permitirá unha maior difusión do seu traballo. Sebastián Méndez, presidente de AMELGA, calificou de "feito histórico" este evento, agradeceu á entidade bancaria esta "aposta arriscada" a prol da música galega. Méndez tamén criticou a polÃtica de megaconcertos organizados por gobernos rexionais e municipais, sinalando que o custo destas actuacións cubrirÃa moitos concertos de grupos menos coñecidos.