Emma Ríos participa nunha antoloxía internacional de BD

Stripolis publícase en Serbia

Stripolis é o título da antoloxía internacional de autores de banda deseñada que está a coordinar Branko Djukic desde Serbia. O proxecto compila nomes coma Rick Veitch, Vittorio Giardino, Paco Roca, Pau, Steven Dupré ou Sagar Fornies, canda á galega Emma Ríos, que nunca viran as súas obras publicadas nese país. Canda a eles, ocupan as 130 páxinas do volume unha selecicón de autores serbios que tampouco foran publicados alá. Segundo explica o promotor, a intención do proxecto é "demostrar que este xeito de contar historias en cómic non morreu en Serbia".