O amor e o desamor protagonistas no Festival de Música de Vigo

A-MORE

"Os camiños do amor. Deuses e humanos". Este é o subtítulo que reza no programa do Are More. Un festival que con tan só dous anos de vida, convertiuse na cita musical máis importante. E este ano durante tres meses músicos recoñecidos recrearán as historias de amor clásicas e as que non o son tanto. A historia do Orfeo de Monteverdi, as cancións de amor da contemporánea Ute Lemper, o cuarteto a "Morte e a Doncela"... son os "Camiños do amor".

Programa monotemático


O cartel musical do Are More de Vigo 2001 está plagado de historias. Tristes e ledas, pero todas elas teñen o mesmo denominador común.. o do amor. Son "Os camiños do amor. Deuses e humanos" que este ano subtitulan o programa e que levarán á cidade olívica as produccións sonoras que se centran nesta temática. Un programa que organiza por segundo ano consecutivo a concellalía de Cultura de Vigo e ó que a Xunta de Galicia colabora, a través da Consellería de Cultura, con 10 millóns de pesetas.
En total 28 concertos durante tres meses encherán de música o antigo Cine Fraga (hoxe propiedade de Caixa Galicia), o conservatorio e a concatedral.












Citas ineludibles para o trimestre



A voz de Ute Lemper será a encargada de inaugurar o evento o sábado 20 de outubro ás oito da tarde no Cine Fraga. A alemana é unha das bazas fortes da programación que conta con reclamos tan interesantes como a obertura 34 de Brahms a cargo de Ewa Poblocka ó piano e o cuarteto de Leipzig. Outra das referencias musicais desta segunda edición do certame é a ópera en concerto "L´Orfeo" de Claudio Monteverdi a cargo do Ensemble Elyma dirixido por Gabriel Garrido. Un concerto que terá lugar o sábado 1 de decembro ás oito no Cine Fraga. E na concatedral de Santa María, o 21 de decemebro ás nove e media, "Il Fondamento" dirixida por Paul Dombrecht interpretará o "Mesías" de Haendel.
Citas fortes que conforman un cartel que se completa con numerosos concertos de cámara e con numerosos concertos de formación de público a cargo de orquestra clásica de Vigo.




Prezos e vendas de localidades


Todos os concertos e as actuacións teñen un prezo de 1.000 pesetas para o público xeral, que será de 700 para menores de 25 e maiores de 65 anos. Poderase reservar chamando ó teléfono 981 43 54 10 ou indo á Central de Espectáculos (rúa Velázquez Moreno, 40).
O Are More está patrocinado pola Xunta de Galicia e pola Fundación Caixa Galicia, e conta coa colaboración do Consorcio Zona Franca de Vigo, Augas de Mondariz, El Corte Inglés e PSA Peugeot Citroën.