As Feiras do Libro de 2009 arrincan en Ferrol

O evento desenvolverase entre o 22 e o 26 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Ferrol acolle, entre o 22 e 26 deste mes, a primeira das feiras do libro que percorrerán a nosa xeografía durante os vindeiros meses. O evento, que conta cun orzamento de 30.000 euros, está organizado en colaboración entre o Concello e os libreiros, e inclúe xogos populares, obradoiros, contacontos, actuacións teatrais e encontros con autores entre outras actividades. Suso de Toro será o responsable de ler o pregón inaugural da vixésima edicón deste evento o vindeiro mércores 22 ás oito da tarde. A coincidir co Día do Libro, 23 de abril, celebrarase un maratón de lectura na sede da Fundación Caixa Galicia.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Suso de Toro, Xeografía, Día do Libro...