GalegoZ comezaron a facerse notar no 2006 co seu primeiro disco Galician Chimpanzee editado por Ouvirmos. Despois viñeron Revolution Dance, tamén editado con Ouvirmos en 2007 e finalmente presentan a súa consolidación definitiva como proxecto musical con este Viñeron da Galiza interior que con produción propian editan a través do selo A Regueifa Plataforma. Fieis ás súas consignas musicais e reivindicativas GalegoZ afondan no seu Aranhoto Style nestes cinco novos temas nos que as bases electrónicas e sampleados fusiónanse con elementos do funk, reggae e a máis ecléctica das seleccións musicais combinada con letras combativas buscando mover mente e corpo ao mesmo tempo nunha ciber-verbena. A banda Galegoz está formada por: Marcos Payno (voz ), DenÃs Mutante (voz), Pulpiño Viascón (baterÃa, percusións e voz), Manuel Payno (trompeta e coros), Alex Salgueiro (frauta traveseira e teclado), Tomás RuÃdo (Técnico de son ) e MatÃas Olazábal (guitarra), ademais das colaboracións de membros do Colectivo Perverso.