Biopsia da personalidade

Iván Marcos “ECO trata de investigar o proceso de construción da nosa identidade”

| Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escénicas
Compartir:
Biopsia da personalidade

¿Como somos?¿ Como se constrúe a nosa identidade? ¿Cómo nos ven? Estes son algúns dos interrogantes que Iván Marcos tomou como punto de partida para ECO, a montaxe que estrea este venres 17 no Salón Teatro (21:00 horas). Coproducida polo CDG, é unha proposta de teatro de autor no que pretende afondar no proceso de construción da nosa identidade a partir da imaxe, o son e o movemento mesturado con diferentes tecnoloxías dixitais.

© tono arias fotografía
1/8
© tono arias fotografía
2/8
© tono arias fotografía
3/8
© tono arias fotografía
4/8
© tono arias fotografía
5/8
© tono arias fotografía
6/8
© tono arias fotografía
7/8
© tono arias fotografía
8/8

CRÍTICA
Eco, de Ivánmarcos
andrea a. pino

Ser nas cousas, ser para as cousas, entre as cousas.
“Eco”. O corpo de Iván Marcos en permanente desterro de si mesmo.



Unha cousa é o ollo da cámara que pende do teito, o espazo bidimensional da pantalla do fondo, unha casa de bonecas, o micro; pero tamén a palabra diferida de Iván, a imaxe múltiple de Iván, o recordo de Iván, o seu xeonllo; a mirada do espectador, o seu desexo. Obxectivar e obxectualizar as relacións que nos constrúen esixe unha labor de disección minuciosa. Tendido baixo o foco de luz e sobre a plataforma circular xiratoria, o actor en movemento semella un becho de observación microscópica. A metáfora obriga ao desconcerto, pero tamén a unha reflexión íntima sobre os procesos de construción da identidade.


“Eco” elabora unha visión do corpo como sitio de diferenzas e unha comprensión nómade do suxeito, en termos de afección e ligazón. A conformación do eu, múltiple e diferencial, depende da nosa capacidade para establecer relacións cunha pluralidade de outros, incluídos os outros non humanos. Mediante unha linguaxe teatral heteroxénea e interdisciplinar, o artista sobreexponse para se descompoñer en fragmentos de experiencia e así poder investigarse no eco das zonas de paso, no entre das diferenzas que o habitan. O espectáculo, un mapa de conexións que se expande por e máis aló da propia obra, propón o noso desprazamento constante a través da ruína. Quizais porque camiñarnos entre os fragmentos sexa a mellor maneira de entender que non hai un todo.


O traballo de Iván Marcos está na liña do teatro conceptual e performativo, así como do teatro físico. De todas as propostas presentes nesta edición da Feira, “Eco” de seguro será unha das máis sorprendentes.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Espertar en cama allea

Espertar en cama allea

Nut Teatro reflexiona sobre o concepto de casa e de identidade na súa última montaxe

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Identidade, Iván Marcos, Teatro, Salón Teatro...