Manuel Rivas presenta A desaparición da neve

O poemario publícase nas catro linguas de estado e inclúe un CD

O Consello da Cultura Galega acollía esta mañá a presentación de A desaparición da neve, último poemario de Manuel Rivas. A obra, publicada por Alfaguara, constitúe, segundo a editora Rosa María Junquera "unha excepción" que a firma especializada en narrativa só fai con "grandes autores coma Saramago, Günter Grass, Benedetti" ou o propio Rivas. O poemario sae nas catro linguas do Estado integradas nun único volume, o que, segundo o autor permite aprezar "a conexión entre as linguas" e mais "os fíos que hai entre as palabras". Canda ao libro, o título inclúe un CD que permite escoitar ao propio Rivas recitar con música de Pulpiño Viascón e César Morán. Esta mesma tarde o autor ofrece un recital na sede da Fundación Caixa Galicia, na Rúa do Vilar, ás sete e media da tarde.