Decembro de 2006. O proxecto de experimentación contemporánea da ChocolatarÃa (Rúa das Orfas, Santiago) pechaba as súas portas ao público. FacÃao con Factory Habana, unha escolma de artistas cubanos contemporáneos. Aquela exposición de despedida definiu os piares dun novo proxecto. Chámase FactorÃa
e pretende ser un punto de encontro da creación e a exhibición cunha sede en Santiago e outra en Cuba. Malia que o centro cubano está xa listo, non será ata fin de ano cando o proxecto bote a andar.
“FactorÃa é Concha Fontenla” afirma con contundencia Antonio Cervera, subdirector do proxecto. Non só porque Concha sexa a directora e a alma máter da iniciativa, senón porque a súa longa e variada traxectoria profesional é a que conforma a personalidade deste espazo. “Foi profesional do deseño de moda, de interiores, licenciada en historia da arte, doutora pola Universidade de Santiago en rehabilitación de conxuntos históricos, deu clases de arte contemporánea na Universidade de Santiago, foi asesora e xestora cultural, comisaria de exposicións, galeristaÂ… e todas esas facetas vanse ver reflexada nos dous espazos nos que se desenvolve FactorÃa” afirma Antonio.
Pero.. que é FactorÃa
FactorÃa é, principalmente tres cousas: un laboratorio de ideas, unha residencia de artistas e un laboratorio de alternativas urbanas. “Un laboratorio porque será o espazo no que creadores e profesionais creen unha dinámica de traballo arredor de temas que eles propoñan ou que nós definamos” afirma Antonio. Pero para crear ese traballo precÃsase que os artistas estean aquà fisicamente, e para iso cómpre unha residencia. O proxecto contempla que cada ano pasen por cada centro uns 35 artistas de ámbito internacional (cunha estimación inicial de tres artistas ao mes). Deses 35, 7 contarán cunha bolsa de FactorÃa. “A nosa intención é que sexan bolsas para estudantes de fin de carreira, ou creadores que leven poucos anos traballando que poden ser deseñadores industriais, xente da moda, do audiovisual, arquitectos, antropólogosÂ…. Un equipo multidisciplinar e creativo” explica Antonio. E para isto cómpre ter un espazo fÃsico de traballo e isto enlaza co terceiro piar do proxecto, o laboratorio de alternativas urbanas. Os dous centros nos que bota a andar FactorÃa responden a caracterÃsticas semellantes: están situados estratexicamente (no corazón dos cascos históricos de Santiago e A Habana), son espazos amplos (os 1.250 metros cadrados o galego, máis os 1.100 do cubano) e eran espazos abandonados. Iniciativas coma esta serven para darlle usos culturais que dinamizan os contornos nos que están situados.
Entre o público e o privado
“Para introducir FactorÃa é esencial partir da ChocolatarÃa, como espazo de experimentación contemporánea” explica Antonio Cervera. Un referente do que se diferenza na súa caducidade. A ChocolatarÃa era unha proposta efémera, con data de peche, mentres que FactorÃa chega para quedarse. Como aquel proxecto, Factoria busca financiamento privado para poder levar adiante a súa proposta de produción cultural. Daquela conseguiran implicar entidades privadas habitualmente afastadas da acción cultural e con fórmulas que van máis alá do patrocinio, como cubrir parte dos gastos de transporte, montaxe e outras actividades. Pero en FactorÃa van moito máis alá, pretenden darlle soporte creativo ás empresas para que teñan un beneficio económico. É dicir, as actividades creativas e formativas que se desenvolvan nos espazos FactorÃa, deberan estar orientadas desde a lóxica empresarial, de tal maneira que a creatividade e creación (no sentido máis fabril) deberan ir xuntas da man. E iso implica tamén por unir o ámbito académico. Por iso, neste momento están a desenvolver convenios marcos coas tres universidades galegas para desenvolver o contexto no que poder traballar o mundo creativo, o académico e o empresarial. A partir deses convenios marcos, serÃan cando se desenvolverán os proxectos concretos nos que actuar. “No fondo, reforza Antonio Cervera, serÃa como un I+d+i aplicado ás industrias culturais”. Pero isto todo, segundo apunta Antonio, comezará a ser unha realidade a principios de outono. Ata entón, queda moito traballo por facer: desde rematar o edificio de Santiago, chegar a acordos coas universidades, co ámbito público, coas empresas privadas, unhas actividades que obrigarán ao equipo de Concha Fontenla a centrar as súas forzas. E iso pasa polo peche de C5 Colección como proxecto expositivo. “Non serÃa lóxico manter dúas iniciativas a menos de trescentos metros, polo que cómpre unificar os esforzos nun só que neste caso serÃa FactorÃa” apunta Antonio Cervera.