¿Quen non coñece a historia da ratiña presumida? Pois para todos aqueles, de entre un e noventa e nove anos que aÃnda non saben da historia da ratiña que atopou unha modea varrendo á porta da súa casa, teñen unha oportunidade da man de Casahamlet. Chámase Ratiña linda e e unha adaptación de Manuel Lourenzo, a partir dun conto de Bernardino Graña. Santiago Fernández é o director desta montaxe na que a música ten un papel destacado.