Arrinca a Semana Galega de Filosofía

A intervención de Carlos García Gual abre o ciclo centrado na Educación

Educación e cultura [Paideia] na Grecia clásica. Reflexións e contrastes é o título da conferencia coa que Carlos García Gual, da Universidade Complutense abre esta mañá a XXVI Semana Galega de Filosofía. Ata o vindeiro venres, o Auditorio Caixanova de Pontevedra acolle reflexións sobre Filosofía e Educación, eixe temático desta edición. Manuel Delgado, Goretti Sanmartín, Marcial Gondar, Marina Subirats ou Pedro García Olivo son algúns dos relatores que participan no encontro organizado pola Aula Castelao de Filosofía.