A Barrié abrirá en Vigo unha sede coas mesmas características que a da Coruña

A Coruña comparte cultura con Vigo

Non será unha delegación senón unha sede. Unha das Fundacións máis activas da actividade cultural en Galicia abrirá en dous anos unha sede en Vigo. A fundación Barrié pretende así cubrir un oco nunha cidade á que destinou, desde a súa fundación en 1967, unha boa parte dos seus orzamentos en actividades culturais. E a sé, que se situará no Edificio do Banco Pastor na centra rúa de Poicarpo Sanz, servirá tamén de acubillo do Instituto de Estudios Económicos de Galicia Barrié de la Maza (IEEG), que foi creado no 1994. Con este novo edificio a cidade de Vigo contará con dez centros culturais en 500 metros.

Proxecto sólido

A creación da nova sé da Fundación Barrié non é algo que pillase desprevenido. Sobre todo se temos en conta que a cidade olívica foi a destinataria dunha quinta parte dos recursos que a fundación destinou a actividades culturais desde a súa creación en 1966. E é unha sede, non unha delegación, e iso implica que terá unha programación estable, propia e diferenciada e que funcionará en igualdade de condicións que o xa existente na Coruña.
De momento a creación da futura sede está chea de números. 3.00 metros cadrados nos que se realizarán un auditorio con 300 prazas para concertos, seminarios, e outros eventos, salas de exposicións, e outros espacios para desenvovler os seus programas culturais, educativos, investigadores e sociais. E todo isto terá un custe de 12 millóns de euros (uns 2.000 millóns de pesetas).
E para que todo esto sexa unha realidade, haberá que esperar dous anos, que é o prazo de tempo no que os arquitectos Luis Moreno Mansilla e Emilio Tuñón Álvarez, electos por concurso de méritos, se encarguen de habilitar o edificio para a súa nova función. E, estes arquitectos, que foron galardoados con numerosos premios e que foron os encargados da creación do Centro Cultural da Comunidade de Madrid na antiga fábrica de El Águila, entre outros, terán que facerlle fronte agora ó eficicio que foi obra do arquitecto vigués Manuel Gómez Román.
Ademais, o novo edificio albergará tamén a sede permanente do Insituto Económico de Galicia Bariré de la Maza (IEEG) que foi creado no 1994, que se encarga de realizar investigacións sobre temas tanto de relevancia científica como de importancia práctica para a economía galega.
E non haberá que esperar 24 meses para saber qué iniciativas vai a desenvolver esta sede. De feito, xa se coñece de antemán cal será a programación inicial. E a encargada de abrir este centro seráunha exposición sobre a historia industrial de Galicia, obra dos profesores Jordi Nadal e Xoan Carmona. Unha exposición que abranguerá o período comprendido desde o século XVIII ata as novas industrias do século XIX. E todo a partir de pequenas fragmentación cronolóxicas, nas que se analizarán os episodios máis relevantes, empresas e personalidades que marcaron a historia industrial galega. Un tema moi vencellado coa propia historia da cidade olívica.












Cultura concentrada


Co anuncio da nova sede da Fundación Barrié, a cidade de Vigo contará cun novo centro, que se ven a engadir á ·"temperatura" constructiva destes tipo de edificios dos últimos días. Cando se inaugure, haberá en 500 metros dez centros adicados a promover e difundir recursos culturais.
A día de hoxe hai abertos seis centros culturais, que se adican, pricipalmente, a conferencias, exposicións temporais, públicas e privadas. Son os Instituto Camoes, a biblioteca, a Casa Galega da Cultura, o Centro Cultural Caixanova, a Casa das Artes e o Centro Cultural da Fundación Caixa Galicia. E, en vías de construcción, están o Museo de Arte Contemporánea (MARCO), o Centro Social Caixanova, o Centro Cultural Fraga Caixa Galicia, agora a Fundación Barrié. Un número de edificios de corte cultural que se converte á cidade de vigo na primeira de europa nas súas características.