A Coruña será a primeira cidade galega en ter unha sala de cine comercial en 3D

A DOMUS tamén conta cunha sala provista desta tecnoloxía

2/4/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Cinesa e Fílmax anunciaron esta semana en que localidades nas que teñen salas de cine van implantar a tecnoloxía 3D (que dá sensación de tres dimensións co emprego de gafas especiais). A Coruña e Castelldefels serán as próximas localidades nas que Filmax vai incorporar o 3D nas súas salas. Deste xeito, A Coruña convértese na primeira cidade en ter unha sala 3D de Galicia de ámbito comercial (a DOMUS ten unha sala que emprega para proxeccións divulgativas). Polo demais, Cinesa anunciou que 27 das súas salas introducirán neste 2009 esa tecnoloxía pero ningunha será en Galicia.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, A Coruña, Tecnoloxía, Domus...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares