À hora de falarmos de literatura infantil, o primeiro que nos vén á cabeza son os contos ou, xa nos últimos anos, o álbum ilustrado. No entanto, canda aos xéneros máis coñecidos, existen outros que aínda teñen pouca presenza nas nosas estanterías e que mesmo son descoñecidos para o grande o público. Entre eles, destaca a poesía para os máis novos, que nos últimos anos empeza a amosar un peso crecente nas nosas letras.
Malia a que a poesía está considerada coma un xénero especialmente sisudo e dificilmente achegado aos nenos, contamos con exemplos amplos do contrario. Desde as cancións e retrousos propios dos xogos infantís ata obras feitas ex profeso na que non faltan algúns dos grandes nomes das nosas letras. Segundo nos explica Ánxela Gracián, vicepresidenta da Asociación Galega da Literatura Infantil e Xuvenil, a poesía e o teatro están considerados coma xéneros minoritarios dentro da literatura infantil, e a realidade é que o número de libros é moi inferior aos de narrativa. No entanto, nomes destacados das nosas letras atrevéronse a versificar pensando nos máis pequenos. Hai que falar de Xosé María Álvarez Blázquez e de Emilio Pita Romero como primeiros autores. Xa máis avanzada no tempo está a obra de Pura e Dora Vázquez, Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, así coma os poemarios de Manuel María (Os soños na gaiola e As rúas do vento ceibe). Canda a eles, atopamos autores que desenvolveron unha carreira especialmente intensa neste ámbito coma Antonio García Teijeiro, Ana María Fernández (premio Lazarillo pola obra Amar e outros verbos) ou Xoán Babarro.
O legado tradicional
Malia a que se pode pensar que a poesía para nenos non dá para especiais complicacións, a verdade é que o xénero está a sufrir unha grande evolución no noso país que o sitúa en novas alturas formais e temáticas. Ata os anos noventa, a poesía infantil en galego está moi marcada pola tradición oral, explica Gracián. Existe todo un folclore infantil que inicia os nenos na memorización ou no xogo, ou as cantigas do berce, e é algo que xa está presente na propia Rosalía. Hai moita xente que recolle estas pezas nas súas propias creacións, coma Pilar Boullosa ou Rico Berea. Sen manter un vencello tan evidente coa nosa tradición, autores coma Manuel María, Bernardino Graña ou Helena Villar teñen unha poesía moi marcada por ese legado. Nesa primeira etapa, faise unha poesía comprometida co país, centrada no rural e que amosa as primeiras experiencias nese mundo, hai mou pouca poesía urbana, completa Gracián.
A renovación
Coma noutros ámbitos poéticos, os anos noventa supoñen unha renovación tamén nos versos feitos para nenos. Desde aquela existe unha pluralidade. Xente coma Antón Cortizas ou Fran Alonso foron marcando diferentes estilos coas súas obras. Hai desde visións intimistas que se fixan na rima e nos elementos do mundo infantil ata propostas coma a de Gloria Sánchez, que se achegan ao surrealismo, pasando pola interiorización de sentimento que se atopa en Ana María Fernández ou Fran Alonso, completa Gracián desde GALIX. Coma un dos poemarios máis destacados dos últimos anos, esta especialista en libros para os máis novos salienta Palabras Brancas, obra de Elvira Riveiro que foi finalista do premio Merlín en 2007 e mellor libro infantil para os editores no seguinte ano. É pioneiro nun novo xeito de facer poesía para nenos. Parte da limitación de empregar palabras que só teñen a vocal A, ao xeito das propostas de Raymond Queneau, e conecta con correntes europeas neste campo. Ademais introduce cuestións de denuncia social ou compromiso feminista.
A visión da autora
A falar coa autora do libro, Riveiro recoñece que á hora de escribir penso que me puxen un pouco na pel dunha nena. Comecei como se fose un xogo coas palabras e tirei un pequeno grupo de poemas. Pensei que non ía dar para máis, pero ao final a cousa foi avanzando e deu nun libro enteiro. No meu caso facer poesía para nenos non foi algo premeditado. Teño outro libro escrito con palabras coa vocal O, e a verdade é que o contacto cos nenos anímache a buscar xogos para facer coas palabras que lles poidan chegar. Encol deste xénero, apunta que a linguaxe ten que ser máis transparente do que para os adultos, aínda que para min non debe ser todo perfectamente comprensible, explica. Os nenos teñen que ter tamén moitas palabras que non coñezan, precisamente para as coñecer. O importante ao final é que teñan boa poesía, que haxa obras que superen a pura circunstancia. Pola súa banda Gracián apunta que as características do xénero non necesariamente o confinan a unha determinada idade. Autores coma Gloria Sánchez achéganse á poesía desde unha perspectiva surrealista, mantendo un certo carácter de xogo e punto de vista infantil. Estamos a falar duns códigos que poden ser descifrados perfectamente polos nenos pero que tamén poden ter unha lectura adulta.
As medras
É posible entón que esteamos no comezo dun espertar dos versos para os máis pequenos. A nivel de calidade e de recoñecemento da industria, non cabe dúbida que a poesía infantil vai conquistando espazos. Todos estes autores deixaron a semente de que hai un estatus de dignidade no xénero e iso permitirá convencer determinados sectores da súa necesidade, explica a vicepresidente de GALIX. Agora tanto autores coma editores ven que existe un nivel alto, que non se pode publicar calquera cousa e que non van saír ripios cursis coma os que noutros momentos se entendían coma poesía infantil, completa. De cara ao público, as posibilidades de difusión están aínda por explorar dun xeito amplo. O xénero ten un grande potencial para chegar aos rapaces, pero a edición canónica do libro non lles chega tanto como ao facer recitais ou xogos. Os receptores agradecen estas propostas, e os profesores falan sempre cun sorriso nos beizos das actividades con este xénero, lembra Gracián. Pola súa banda, Riveiro salienta que persoalmente estou moi sorprendida pola boa acollida que tivo o meu libro, tanto entre profesores como entre os propios nenos que leron a obra. É importante o traballo de facer presentacións e actividades con eles, gústalles que se lles presenten as cousas dun xeito divertido.