Entre o 1 de febreiro e o 1 de maio, estrearanse no noso país 16 producións audiovisuais de pequeno formato. A metade delas documentais, o que demostra que o tirón dado por este xénero non é algo anecdótico nin puntual. Superado o bum de proxectos sobre a represión da Guerra Civil que protagonizou moitos dos traballos o ano pasado, chega o momento das historias actuais. De denuncia, de lembranza pero, sobre todo de homenaxe. Consolídase o audiovisual como vehículo de expresión.
As últimas estreas do audiovisual galego comparten o feito de estar dirixidas por xente moi nova. Na maioría dos casos, xente que conta no seu currículo cun par de traballos, o que amosa unha tendencia á alza en incorporar novos valores ao sector. Canda estes, hai outras figuras con máis rodaxe no sector audiovisual (Pachi Baranda, Antonio Caeiro ) que evidencian que estamos nun momento no que o audiovisual canaliza diferentes a expresividade de moi variadas xeracións.
A temática
Antonio Caeiro é un dos máis veteranos creadores audiovisuais En 1983 iniciouse con Manoeliño, a adaptación dunha Marcial Suárez sobre a degradación dun home que perde ao seu único fillo. Nos últimos tempos, orientou as súas producións cara o documental e agora acaba de presentar Esta noite, velada. Neste documental conta a historia de Airiños de Asados, o grupo de teatro en activo máis veterano de Galicia, que lle serve para retratar a súa traxectoria no marco da República, a Guerra Civil e a Dictadura. Nun contexto próximo sitúa Diana Gonçalves ás súas Mulleres da Raia. Un documental que rememora a vida dunha xeración de mulleres que cruzaban a fronteira todos os días con mercadorías que non estaban permitidas. E do traballo furtivo destas xeracións, ao d industria conserveira de Vigo. En Traballo e vida en Bueu. A industria conserveira, Yolanda del Campo, aborda as compoñentes sociais e humanas deste proceso histórico que foi o proceso de industrialización da Galicia marítima.
O medio é outro polo de atracción de varios creadores audiovisuais que estrearon (ou teñen pendente facelo) nas últimas semanas. Pachi Baranda atopa no documental o camiño axeitado para denunciar a construción dun Parque Medioambiental en Carballeda de Avia, un concello situado no Ribeiro, que mobilizou en contra aos veciños. En Alternativa Cero recóllese o testemuño de veciños, agricultores vitivinícolas, políticos e ecoloxistas, explicando a súa versión dos feitos. Unha perspectiva diferente da que Marcelino Magán presenta Galicia Salvaxe, co que pretende facer un inventario didáctico da fauna e flora de Galicia. De natureza tamén vai o traballo realizado por Roberto Moniño e Álvaro de Castro, pero moito máis afastado da realidade galega. Outro Paralelo 43 achéganos a súa viaxe desde Moscú ata Vladivostok, viaxando a través do mítico tren transiberiano.
Remata este repaso pola temática documental, o achegamento á figura de Xosé Neira Vilas que fai Pablo Iglesias en X.N.V. Memorias dun emigrante.
A ficción
Podería ser perfectamente un documental, pero Dani de la Torre quixo que o retrato da violencia xuvenil fose unha ficción. Por nada é unha curtametraxe baseada en acontecementos reais detallados polo xornalista Diego Bagnera para XL Semanal, na que conta unha historia violenta que lle dan a un mozo escollido ao azar por un xogo. Algo semellante lle ocorre á primeira curtametraxes dirixida por Luís Miguel Alonso. Morro por un emprego conta a visión dos acabados de licenciar, das súas inqueadanzas na procurra dun traballo e como afronta as primeiras entrevistas. Unha historia protagonizada por Lucas que consegue ser axudante de laboratorio, pero dunha forma na que el non esperaba.
Thrillers (Economía de mercado de Juan de Oliveira e O cheque de Estevo Silva ), producións infantís (Cloc de Jorge Demetrio e proxecto Titania de Antonio Cercedo e Javier González) e experimentais (Na distancia de Víctor Hugo Seoane) completan o universo temático da ficción estreada nas última semanas.
Olladas femininas
Outra das constantes das producións de pequeno formato é que o peso da muller segue a ser menor. Nas últimas 16 estreas, só houbo tres mulleres directores (Sandra García, Diana Gonçalves e Yolanda del Campo). Haberá que agardar a ver se iniciativas como a última convocatoria de axudas automáticas (que establece primas que chegan ata os 20.000 euros se o 50% do equipo técnico é feminino) obtén os seus froitos.