Nin mingua, nin medra. As provincias de Lugo e de Ourense estáncanse segundo o último Anuario Económico de España elaborado polo Instituto de Servicios de La Caixa. Máis gráfico foi o director do Instituto, Manuel Vicens, que dixo na presentación do informe que "Lugo e Ourense parece que quedan descolgadas do crecemento". E por crecemento o informe entende o nivel de renda, a súa poboación, o número de servicios, o tipo e a situación das actividades industriais e a situación laboral. No ranking, no número das cincuenta capitais.
Nivel de renda
O anuario que elabora a Fundación La Caixa desde 1996 (tomando o relevo do que antes era o Anuario do mercado español de Banesto) revela datos pouco esperanzadoras para Galicia. De feito, as provincias de Lugo e de Ourense están á cola de crecemento. AÃnda que o nivel de renda é semellante ó da media española (que este informe sitúa entre os 8.275€ e os 9.125€) estas dúas provincias son as que menos medran en nivel económico. De feito, o seu nivel de renta segundo ese estudio é dun 3, estando dous puntos por debaixo do que é a media de Galicia e a do Estado Español. E para que se eleve media, ten que haber outras provincias en Galicia que teñan unha renda superior. E estas son A Coruña, con cinco puntos, e Pontevedra con sete.
Paro
O informe elaborado por La Caixa, tamén deixa datos esclarecedores sobre a situación laboral e taxa de paro. Uns datos que ofrecen unha situación máis precaria que no resto do Estado, ó ofrecer uns Ãndices de desemprego sensiblemente superiores ós da media do Estado. POr tramos, entre os 16 e os 24 anos a taxa de paro é bastante elevada (o 4,4 % na Coruña, o 4,5% de Lugo o 4,9%, e o 5,2% en Pontevedra). En case dous puntos se supera a taxa de desmprego entre os 25 e os 49 anos en todas as provincias: 8,2% na Coruña, o 8,6% en Ourense e o 8,3% en Pontevedra, sendo Lugo a provincia cunha procentaxe de desemprego inferior, pero aÃnda asà supera o 6,1% da media do Estado.
Os datos do paro ofrecidos polo anuario de estudios económicos podémolos relacionar cos últimos datos rexistrados pola oficina do Inem relativos ó mes de maio, que sinalaba 59.413 contratacións novas (que se corresponden con 4.760 contratos indefinidos e 54.623 temporais). Os datos facilitados revelan tamén unha contratación maior de homes (35.213 dos que 2.860 foron de carácter fixo) que de mulleres (24.200 dos que 1.900 de tempo indefinido).
Poboación
Por último, aÃnda que o informe está conformado por unha gran cantidade de variables, destaca o feito de que non aporta novidades no que atende á realidade demográfica de Galicia. Segundo este último informe, Galicia perdeu poboación nos últimos cinco anos. Agás a provicia de Pontevedra que experimentou un mÃnimo crecemento (dun 0.1%) o resto de provincias perderon poboación, sendo Lugo a que rexistrou unha perda máis acusada (dun -1,7%).