Nace un colectivo para compartir recursos artísticos en época de crise

A iniciativa pretende darlle continuidade ao Roteiro de Creación Contemporánea

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Unha perfomance, un sorteo de obras artísticas e moita música compoñen o cartel da festa coa que hoxe se presenta o Laboratorio de Colaboración Artística (21:00 horas na Rúa Ulla, 25). Unha asociación que nace con dous obxectivos: primeiro, poder xestionar o Roteiro de Creación Artística que se desenvolve anualmente en Santiago; e, segundo, para ampliar as actividades a todo o ano. Entre elas, destaca Troc-Temps, unha especie de banco do tempo de contidos artísticos. “No fondo, asegura Teo, unha das promotoras da iniciativa, o que pretendemos é saír dos criterios das valoracións da artes habituais: os políticos, económicos... que establecen as galerías ou institucións e abrir o abano ao público”.

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Arte de portas abertas

Arte de portas abertas

O Roteiro de Creación cumpre tres anos enchendo as rúas con iniciativas artísticas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teo, Ulla

Claves

Lugares