A desaparecida discoteca compostelá Clangor “abrirᔠunha noite máis de xeito simbólico e como homenaxe cun concerto no Multiusos do Sar. O local foi un referente musical para toda unha xeración e acolleu numerosos concertos de primeiras figuras do pop e o rock nacionais e internacionais na década dos 80. O evento previsto para o 11 de outubro de 2010, coincidindo co vinte aniversario da explosión dunha bomba na sala, presentouse hoxe en rolda de prensa xunto con dúas producións audiovisuais que recollerán nun documental a historia de Clangor asà como un thriller baseado no atentado terrorista que sufriu. Fernando Pereira, dono e picadiscos do local, e Loquillo coincidiron en valorar a importancia da proposta de Clangor no seu contexto histórico como “moito máis que música” e a súa desaparición como un “baixón” para o nivel musical da noite de Santiago. O concerto contará con actuacións de grupos coma Nacha Pop, The Godfathers, Loquillo, The Cult ou Paul Simon, membro de The Clash, como peche o propio Pereira volverá poñerse aos pratos rememorando o son da sala.