Costou vinte anos botalo a andar, pero onte o Parlamento deu o respaldarazo definitivo ó que todos xa tiñan asumido. Santiago de Compostela é, por lei, a capital de todos os galegos. Por unanimiedade, por acordo de todos os membros da Cámara aprobouse o texto definitivo que foi consensuado en varias etapas. E con este novo estatus xurÃdico Compostela gozará dunha cantidade presupostaria que se fixará anualmente, terá novas vantaxas á ora de acceder a subvencións oficiais e deberá crear novas áreas de servicios. AÃnda asÃ, a celebración oficial deste novo evento non será efectiva ata o dÃa que se publique no Diario Oficial de Galicia. E isto acontecerá alá polo 25 de xullo, en plenas festas do Apóstolo.
Un estatuto con vinte anos
Que Compostela sexa a capital de Galicia é algo que teñen asumidos todos os galegos. Sen embargo este recoñecemento non tiña aÃnda, en contra do que moitos pensaban, un carácter oficial. E esto pódese deber a que son moitos anos redundando na mesma idea. Concretamente uns vinte anos. Foi en 1982 cando se aprobou no parlamento a "lei de sede institucionais", o momento no que se falou por primeira vez desta denominación para Santiago. O proxecto continuouno despois o anterior alcalde socialista, Xerardo Estévez, que a principios dos noventa creou unha comisión de expertos para abordar o documento. Non se soubo nada máis do proxecto ata marzo de 1999, no que se creou unha comisión polÃtica. O proxecto foi retomado polño actual alcalde, Sánchez Bugallo, que formou unha comisión formada por todos os grupos da coporación, interrumpeu o seus traballos coas eleccións, e formou unha nova comisión especÃfica en setembro do 99.
E asà ata o verán do 2002 no que os tres grupos crearon un texto compartido polos tres grupos que se leva ata varias consellerÃas. Foi neste momento no que houbo certos problemas, porque o texto sufreu en San Caetano certas modificacións que non convenceron en Raxoi. Pero as desavinzas solucionáronse a princpios do 2002 e o 8 de xaneiro, chegouse a un documento consensuado que se enviou a Xunta ese mesmo dÃa. E o Goberno remitiuno ó Parlamento como proxecto de lei nun proxecto que culminou onte. Na sesión do Parlamento, houbo dous procesos moi breves pero significativos. O primeiro foi o de incluÃr unha emenda que implica oficializar a designación de Santiago como capital de Galicia, ademais de sede das institucións galegas. Unha vez feita esta pequena modificación tivo lugar a votacion do Estatuto de Capitalidade, que foi aprobado por unanimidade. Comezaba asà a festa que logo de ter lugar no Parlamento, trasladouse a Raxoi pola noite, onde se celebrou unha modesta celebración protagonizada por toda a clase polÃcia.
Un Estatuto con lei
O Estatuto de Capitalidade de Santiago é un texto legal que ofrece un marco xurÃdico especial a Santiago. Un feito que figura polo seu rol de constituÃrse como capital de Galicia. E como é un texto xurÃdico ten un funcionamento orgánico a través do Consello de Capitalidade, que se encarga de adoptar os acordos e decidir as súas partidas presupostarias, e pola Comisión Executiva, que é a que se encarga de facelos cumprir. Esta Comisión está presidida polo Alcalde, e integrada polos representantes dos distintos departamentos do goberno autonómico e de todos os grupos polÃticos presentes no Concello. Pola súa banda, o Consello da Capitalidade será o encargado de coordinar a actuación das tres administracións no término municipal de Santiago. E por se puidera haber algún tipo de problema, o texto do Estatuto establece tamén claramente as competencias deste organismo e o sistema de coordinación co Consorcio da Cidade de Santiago.
Entre as atribucións concretas que se lle corresponderán ó estatuto de Santiago está a creación de novas áreas de servicios, unha función que lle compete ó alcalde as facultades de dotalas de persoal e nomear a un xerente para cada unha delas. O Estatuto Implica, ademais, importantes competencias en materia de conservación do patrimonio histórico-artÃstico, ya qeu a consellerÃa competente deberá remitir ó Consello de Capitalidade unha programación anual das actuacións de conservación e de rehabilitación. En materia de territorio e de urbanismo, establécese que o Concello reservará nos planos xerais de ordenación municipal do chan necesari para acoller convenientemente os novos edificios das administracións públicas. Ademais, ha de emitir un informe previo cando se planifique a dotación de grandes infraestructuras de comunicación.
Por último, o Estatuto deixa moi claro que non vencella a ningún tipo de administración que non sexa nin o Concello nin a Xunta, xa que as relacións con outros organismos está rexida polo que se dispón na Lei de Administración Local.